PLENO
Os tres grupos municipais defenden en Pleno o remate do proxecto da Cidade da Cultura nos prazos previstos
A Corporación municipal celebrou un Pleno extraordinario, no que os tres grupos municipais aprobaron por unanimidade unha declaración institucional en defensa do proxecto da Cidade da Cultura. O documento avoga pola "conclusión da Cidade da Cultura con fidelidade ao proxecto arquitectónico aprobado pola Xunta de Galicia, do cal xa se executou o 60% do orzamento"
CONSORCIO
Santiago recibe un ano máis a persoeiros da máxima relevancia científica mundial
Tralo éxito acadado en 2006, o Consorcio de Santiago organiza de novo en colaboración coa Universidade unha nova edición do Programa "ConCiencia", de divulgación científica. A principal novidade organizativa deste ano é o lugar e horario dos actos centrais, pois nesta edición os actos xerais celebraranse en locais situados fóra do campus universitario e en horarios máis accesibles (arredor das 20 horas), para favorecer a asistencia do público en xeral.
EDUCACIÓN
Case 4.000 alumnos de Primaria comezan con normalidade o novo curso escolar
A normalidade foi a nota predominante no inicio do curso 2007-2008 nos centros escolares de Compostela. Así o comprobou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que visitou o colexio Pío XII acompañado pola concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez.