EDUCACIÓN

O alcalde comparte cos nenos composteláns a primeira xornada de Nadalxogo

27/12/2007

Como cada ano por estas datas, o Concello compostelán pon en marcha o programa Nadalxogo, cunha ampla oferta de obradoiros e actividades para facer as delicias dos máis pequenos. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu o pistoletazo de saída a esta nova edición que permanecerá aberta ata o vindeiro 4 de xaneiro.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago recibe do Ministerio de Economía e Facenda o edificio do Banco de España, valorado en máis de 4 millóns de euros

27/12/2007

O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, manifestou trala reunión do Consello de Administración do organismo interadministrativo que o Ministerio de Economía e Facenda do Goberno Central tansferiu a propiedade do edificio do antigo Banco de España ao Consorcio coa finalidade de convertelo no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Leer más

PLENO

O último pleno do ano dá o visto ao seu regulamento, que supón a creación dun Rexistro de Intereses e dun Debate anual do Estado do Concello

27/12/2007

O pleno da Corporación aprobou na súa última xuntanza de 2007 o documento que rexirá o seu funcionamento. Cos votos a favor dos grupos que sustentan o gobeno saiu adiante o Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago de Compostela, nunha sesión na que tamén se aprobaron por unanimidade a proposta de apoio á declaración da Torre de Hércules como Ben do Patrimonio Muncial e o irmandamento coa cidade italiana de Pisa.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Seguridade A-1, Kosas de Kasa e Xanana, premiados na edición de Nadal do concurso de Escaparatismo

27/12/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou aos tres premiados na edición de Nadal do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". En primeiro lugar clasificouse o estabelecemento Seguridade A-1, en segundo lugar quedou a tenda de decoración Kosas de Kasa Interiorismo, e o terceiro premio foi para a xoiaría Xanana. Á edición de nadal do concurso presentáronse 53 estabelecementos comerciais, de sectores tan diversos como téxtil, pel, calzados,...

Leer más
Compartir: