IGUALDADE

O Concello abre as subvencións de Igualdade a todo tipo de asociacións de Santiago

31/08/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo presentou hoxe as bases e a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero. Marta Lois salientou que, por vez primeira, todas as asociacións de Santiago de Compostela que desenvolvan as súas actividades no termo municipal poden optar a estas axudas, que ata agora se limitaban ás asociación de mulleres.

Leer más

DEPORTE

Unhas 1.200 persoas participarán na CorreSan Nocturna Cidade Vella

31/08/2016

Xa está todo listo para a celebración da cita estrela do V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago CorreSan, a proba nocturna polo casco histórico compostelán. Será este sábado, 3 de setembro, con saída e chegada na praza do Obradoiro. A día de hoxe xa hai máis de 800 inscritos/as, pero a previsión é que a participación estea en torno ás 1.200 persoas.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL E TURISMO

Womex busca voluntarios e voluntarias

31/08/2016

Womex, a maior feira internacional de world music, busca voluntarios e voluntarias que queiran ser parte deste evento, que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro. O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de outubro.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Rematadas todas as obras de mantemento da rede de centros de ensino público de Educación Infantil e Primaria de Santiago

30/08/2016

O concelleiro de Educación e Cidadanía deu conta hoxe das obras realizadas durante os meses de verán na rede de centros de ensino público de Educación Infantil e Primaria de Santiago. Manuel Dios incidiu en que "por primeira vez en anos, estes traballos están rematados antes do inicio do curso escolar, aínda non finalizado o mes de agosto". O Concello investiu case 150.000 euros nestes arranxos, que chegaron a un total de 19 colexios e escolas infantís e que foran acordados previamente cos seus directores e directoras.

Leer más

ALCALDÍA E MEDIO AMBIENTE

O Centro de Interpretación Ambiental prepara un novo curso cheo de actividades

29/08/2016

O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia visitaron esta mañá en Belvís o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), que se está preparando para un novo curso cheo de actividades. Martiño Noriega e Xan Duro reiteraron "a vontade do Goberno de poñer en valor este espazo, dedicado a mellorar a comprensión da nosa cidade e do seu medio natural".

Leer más

CONVIVENCIA

O Concello pon en marcha medidas para evitar os atascos na contorna de La Salle

29/08/2016

A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, que dirixe Xan Duro, vén de poñer en marcha unha serie de medidas para evitar os problemas de tráfico na contorna do Colexio La Salle. Neste punto víñanse rexistrando importantes atascos nas horas de entrada e saída das aulas, por mor das moitas nais e pais que estacionaban os seus vehículos en dobre fila para deixar e recoller os seus fillos e fillas.

Leer más

ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE

O Goberno local tramita unha ampliación do prazo das obras de Montero Ríos

26/08/2016

O Goberno local está tramitando unha prórroga das obras de humanización da rúa de Montero Ríos, que deberán estar rematadas o 14 de novembro. O alcalde deu conta deste novo prazo, e explicou que o atraso que acumulan os traballos "responde, fundamentalmente aos problemas rexistrados coa canalización das redes de servizos, en particular de R".

Leer más
Compartir: