OFRENDA AO APÓSTOLO

Núñez Feijóo salienta na súa ofrenda ao Apóstolo os máis de nove millóns de visitantes deste Xacobeo 2010

30/12/2010

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo realizou por segundo ano consecutivo a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago coa que se conmemora a translación dos seus restos. O delegado rexio destacou o éxito de visitantes do Ano Santo 2010 e da presenza do Papa Bieito XVI, e pediu ao Santo axuda para superar a crise económica.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio restaura a vella carraca da Catedral e xa forma parte do seu museo

30/12/2010

En marzo de 2010 o Consorcio de Santiago construíu unha réplica da antiga carraca da Catedral de Santiago e colocouna na torre norte da fachada do Obradoiro. Ante a imposibilidade de conservar a orixinal como instrumento activo, a antiga carraca foi trasladada a un taller de carpintería para a súa restauración e posterior musealización. Dende agora, o vello instrumento pode verse no interior da propia torre, como parte do itinerario da visita ás cubertas da Catedral e ao Pazo de Xelmírez.

Leer más

FESTAS

O Nadal continúa na carpa da praza Roxa con actividades gratuítas de cultura urbana

30/12/2010

A Concellaría de Xuventude e Festas prosegue coa súa programación para o Nadal. Os máis novos poderán pasar unhas horas de lecer na carpa da praza Roxa o luns 3 e o martes 4 con actividades de cultura urbana gratuítas. Haberá xogos de rol e talleres de recortables tropa Korrigan, Wahammer, Infinity e Carcassone, entre ás 11:30 e as 13:30 horas.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde ve inxustificable que a cidade que recibe o 50% dos pasaxeiros e o 75% do turismo reciba o 26% dos fondos para os voos

29/12/2010

"O problema é que os esforzos se dispersan de modo inversamente proporcional aos resultados", indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito do reparto de fondos para as liñas de baixo custo realizada pola Xunta de Galicia. Na súa opinión, "non hai unha xustificación razoable" para que "o aeroporto que recibe a maior parte dos usuarios (un 49,5% a mes de novembro) e o 75% do turismo, reciba o 26% das axudas".

Leer más

CULTURA

Uxío Broullón gaña o concurso de carteis para Curtocircuíto 2011

29/12/2010

O concurso de carteis da imaxe de 2011 para o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, que convocou a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, xa ten vencedor. O xurado, composto por membros do Auditorio de Galicia e do equipo do Festival, premiou o traballo feito polo deseñador e ilustrador Uxío Broullón.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago restaura a balaustrada de pedra do Pazo de Raxoi

29/12/2010

O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, acaba de rematar unha intervención rehabilitadora na balaustrada da terraza do Pazo de Raxoi, edificio neoclásico situado na praza do Obradoiro e que, actualmente, é sede do Concello de Santiago, da Presidencia da Xunta e do Consello da Cultura Galega.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Boa acollida dos composteláns a un Nadal Solidario que reuniu xoguetes, alimentos e 4.000 euros para entidades solidarias

28/12/2010

A segunda edición do Nadal Solidario contou de novo coa participación solidaria de centos de composteláns, que se achegaron ata a Casa das Asociacións de Cornes para deixar xoguetes e alimentos non perecedoiros ou para participar no rastrillo alí organizado. Neste participaron 16 comercios e 12 entidades da cidade. Entre este mercado solidario e as doazóns directas recadáronse 4.000 euros en metálico.

Leer más
Compartir: