CONSORCIO

Último mes para solicitar axudas destinadas a rehabilitar elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica

14/04/2015

O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 150.000 euros en axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago. O prazo para acollerse a estas subvencións remata o vindeiro 15 de maio.

Leer más

TURISMO E DEPORTES

A carreira SantYaGo10K mantén o prezo de inscrición a seis euros ata o 26 de abril

14/04/2015

O sábado 9 de maio celebrarase SantYaGo10K, a primeira carreira nocturna de 10 quilómetros de Santiago. O prezo de inscrición será de seis euros ata o domingo 26 de abril, cun desconto especial para todos os abonados ao Multiúsos Fontes do Sar, que poderán inscribirse por só tres euros. A partires do 27 de abril, o prezo de inscrición será de 12 euros para todos os participantes. O prazo de inscrición remata o 3 de maio.

Leer más

CULTURA

Pisando Ovos presenta "Que volvan as flores" dentro do ciclo Danza 2015

13/04/2015

A compañía coruñesa Pisando Ovos presenta Que volvan as flores dentro do ciclo de Danza 2015. Será este martes 14 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Creada e dirixida por Rut Balbís con Janet Novás como axudante de dirección, conta con iluminación de Alfonso Castro. As entradas teñen un prezo de 6 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas) ou en entradas.abanca.com e no 902 434 443.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Comeza a reurbanización da rúa Carretas

13/04/2015

Este martes 14 de abril arrancan as obras de reurbanización da rúa Carretas, actuación que busca dar resposta a unha vella demanda veciñal encamiñada á peonalización da rúa, permitindo só o acceso a residentes, mercadorías e servizos públicos. A obra adxudicouse por un importe de 622.482 euros e un prazo de execución de cinco meses.

Leer más

ECONOMÍA

A sétima edición de Getting Contacts ten xa máis de 100 empresas inscritas

12/04/2015

A sétima edición de Getting Contacts, que se celebrará o 23 de abril na Cidade da Cultura, conta xa con máis de 100 empresas inscritas. Getting Contacts ten coma obxectivos fortalecer ás empresas locais e axudar aos emprendedores que están comezando no desenvolvemento do seu proxecto, facilitando os contactos e o networking, xerando novas oportunidades de negocio e abrindo as portas a novas inversións.

Leer más

DEPORTES

A MediaSan do Camiño consolídase como unha referencia no calendario atlético galego

12/04/2015

A praza do Obradoiro foi o punto de chegada do II Medio Maratón MediaSan do Camiño, cuxo percorrido, con saída en Arca (O Pino), transcorreu polo último tramo do Camiño de Santiago. O alcalde, Agustín Hernández, non faltou a esta cita atlética e, logo de participar na carreira, presidiu a cerimonia de entrega de premios. A carreira contou con 504 corredores.

Leer más

DEPORTES

A Cidade da Cultura converteuse esta fin de semana na Cidade do Futsal

12/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Deportes, María Corral, visitaron A Cidade do Futsal, un gran evento deportivo e social que se realizou na Cidade da Cultura esta fin de semana. Celebrouse unha competición de fútbol sala para nenos de 7 a 12 anos, acompañada dunha serie de actividades complementarias, como un parque de lecer, visitas organizadas á exposición Auga Doce, sorteos ou sinatura de autógrafos.

Leer más

TURISMO

Máis de 20 locais participan nos "Menús de Mercado" de Compostela Gastronómica

12/04/2015

Compostela Gastronómica, o Festival da Cociña Galega, que se terá lugar do 16 ao 21 de abril, inclúe entre as súas actividades unha ruta de "Menús de Mercado" na que tomarán parte 22 establecementos de Santiago. Ao longo de seis xornadas, diversos restaurantes, hoteis, mesóns, taperías e viñotecas da cidade ofrecerán menús especiais cun nexo común: estar elaborados a base de produtos frescos, galegos e de tempada adquiridos no Mercado de Abastos. Os menús, compostos de...

Leer más
Compartir: