URBANISMO
Visto bo á concesión de máis de 400 licenzas en Pontepedriña
A Xunta de Goberno aprobou a concesión de licenzas para a construción de 411 novas vivendas no SUP-7 de Pontepedriña. Deste xeito pode comezar a realización da maior parte dos inmobles previstos para este solo residencial.
EDUCACIÓN
Chega a Santiago a mellor exposición de bolboretas de España
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inaugurou unha singular exposición sobre bolboretas e artrópodos dos cinco continentes no Colexio La Salle. Alí estará ata o 22 de febreiro.
ALCALDÍA
Os informáticos galegos presentaron a súa nova xunta de goberno ao alcalde
O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e o Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) veñen de constituírse a iniciativa da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia (AEIG). Por este motivo, os seus integrantes foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, ao que lle presentaron as novas xuntas de goberno das dúas entidades.
ALCALDÍA
Estudantes iberoamericanos aproxímanse á realidade compostelá
No marco do programa Vivir España, da Fundación Carolina, un grupo de estudantes iberoamericanos está en Santiago para participar en diversas actividades. Aproveitando a súa estancia na cidade, tamén visitaron Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PLENO
Case 78.000 votantes están chamados ás urnas en Santiago o 9 de marzo
O Pleno municipal, en sesión extraordinaria e mediante sorteo público, elixiu aos titulares e reservas de cada unha das 115 mesas electorais nas que os cidadáns depositarán o voto nos comicios a Cortes Xerais do 9 de marzo. Un total de 77.722 están chamados ás urnas en Compostela.
ALCALDÍA
Compostela contará en 2010 cun novo e dinamizador complexo sociocultural no seu casco histórico
A entidade bancaria Caixanova deu a coñecer o complexo sociocultural que porá en marcha en Santiago a través de dous inmobles en Cervantes e Preguntoiro. Unha iniciativa que permitirá recuperar un importante patrimonio histórico, potenciar a actividade social e cultural da cidade e reforzar o interese turístico e comercial da zona.
CULTURA
Cultura e solidariedade únense para chamar a atención sobre os trastornos alimentarios
A Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL) celebra o seu II Festival Solidario para facer unha chamada de atención sobre os trastornos alimentarios e para demandar que se fale deles con rigorosidade. Será o xoves 14, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
MEDIO AMBIENTE
Comezan os cursos de condución eficiente
O Curso de Condución Eficiente que pon en marcha a Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) e o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), celébranse na cidade entre o luns 11 e o mércores 13 de febreiro.
MERCADOS
Mercagalicia pechou as contas de 2007 cun beneficio de máis de 76.000 euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o consello de administración de Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago (Mercagalicia). No mesmo, o concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, tomou posesión como novo conselleiro da entidade e aprobáronse as contas anuais de 2007, cun saldo positivo por noveno ano consecutivo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dará o visto bo á concesión de máis de 400 licenzas en Pontepedriña
A sesión da Xunta de Goberno Local do luns 11 de febreiro terá coma un dos puntos fortes do día a concesión de licenzas para a construción de 411 novas vivendas no SUP-7 de Pontepedriña.