EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Homenaxe ao matemático e xeógrafo Domingo Fontán polo Día da Ciencia
O parque das Ciencias acolleu esta mañá un acto de homenaxe ao xeógrafo, topógrafo e matemático Domingo Fontán, co gallo do Día da Ciencia. O evento foi organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) en colaboración co Concello de Santiago. Ata alí se achegaron o director da RAGC, Miguel Ángel Río e o edil de Educación, Manuel Dios.
ALCALDÍA
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido na localidade de San Joan Les Fonts, en Girona.
DEPORTE
Recepción ás entidades participantes na II edición da Festa do Deporte
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu hoxe a recepción ás entidades participantes na segunda edición da Festa do Deporte, que se celebrou a fin de semana do 28 e 29 de setembro en Santa Isabel e o parque de Galeras.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación do programa piloto de atención á infancia no centro educativo e de lecer María Miramontes
A Xunta de Goberno acordou hoxe abrir o procedemento de adxudicación do programa piloto de atención á infancia co que abrirá as súas portas a ludoteca de Fontiñas, rebautizada como "Centro Educativo e de Lecer María Miramontes". O servizo terá un tipo de licitación de case 145.000 euros, IVE incluído, e será cofinanciado pola Deputación da Coruña.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras do aparcamento disuasorio da Sionlla
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras do aparcamento provisional disuasorio da Sionlla. A actuación correrá a cargo da empresa Eulogio Viñal, e suporá un investimento dalgo máis de 350.000 euros, achegados de fondos privados.
MEDIO AMBIENTE
Santiago supera o reto lanzado pola Xunta e Ecoembes para incrementar a reciclaxe de envases lixeiros
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recolleu hoxe o premio ao Concello de Santiago no marco do reto solidario lanzado pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes para incrementar a reciclaxe de envases lixeiros. Compostela logrou aumentar nun 10 por cento a cantidade de envases lixeiros recollida nos contedores amarelos, con respecto ao ano pasado.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O alumnado da Escola Municipal de Música dará concertos na Aula Hospitalaria do Hospital Clínico
O Concello vén de incorporar a Aula Hospitalaria do CHUS ao circuíto de centros que visita o persoal da Escola Municipal de Música para os seus concertos didácticos en base a un acordo coa dirección da Aula, dependente do Ministerio de Sanidade e xestionado pola Xunta de Galicia. Estas visitas darán comezo a principios do ano que vén.
ALCALDÍA
Moita música e contos na programación do Apego para o mes de outubro
O mes de outubro chega cargado de música, teatro e contos para os nenos e nenas, dentro da programación do Apego. As actividades arrancan o próximo sábado día seis, coa participación de nomes sobradamente coñecidos polas crianzas, como Pablo Díaz, Babaluva ou Papi e Mami.
ALCALDÍA
O alcalde recibe o alumnado dominicano do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a recepción a un grupo de alumnos e alumnas da República Dominicana que cursan o Máster en Deseño Aquitectónico que a Universidade da Coruña imparte en colaboración coa Universidade Pontificia dese país, O estudantado estivo acompañado polo arquitecto e profesor compostelán Pablo Costa.
CONVIVENCIA
Os Bombeiros composteláns retiraron máis de 700 niños de velutina entre xaneiro e setembro
Os Bombeiros de Santiago retiraron 710 niños de velutina entre xaneiro e setembro, 35 máis que no mesmo período de 2017. A actividade concentrouse nos meses de verán, con 591 niños retirados nos meses de xullo, agosto e setembro.