COMERCIO

A tenda Como Pez en el Agua gaña o Concurso de Ambientación de Nadal

05/01/2016

O Concello de Santiago convocou outra edición do Concurso de Ambientación de Nadal, dirixido a establecementos comerciais e hostaleiros co ánimo de visibilizar o atractivo da nosa cidade nunhas datas tan salientables como as de Nadal. A gañadora foi Leonor Díaz González, propietaria da tenda Como Pez en el Agua, situada na rúa de San Pedro. O premio está dotado con 450 euros.

Leer más

NADAL

A Cabalgata de Reis encheu Compostela de música, ilusións e bos desexos

05/01/2016

As rúas de Santiago de Compostela acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, este ano máis participativa e musical que nunca. Como cada Nadal, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron á cidade en tren. Na estación e logo tamén no Pazo de Raxoi, foron recibidos polo alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación.

Leer más

NADAL

Todo listo para a Cabalgata de Reis máis participativa e popular, dedicada este Nadal á música infantil galega

04/01/2016

O Concello ultima os detalles para que na tarde-noite deste martes, 5 de xaneiro, todo transcorra con normalidade e diversión na Cabalgata de Reis. Este ano, a celebración será máis participativa que nunca e estará dedicada á música infantil galega. Un bo número de nenos e nenas será parte activa da Cabalgata, como paxes, integrantes do tren ou como integrantes da animación que acompañará a varias carrozas.

Leer más

COMERCIO

Máis de 1.000 persoas pillan bolboretas virtuais este Nadal en Compostela

04/01/2016

As Bolboretas do Nadal revoan polas rúas de Compostela ata o vindeiro 6 de xaneiro. Trátase dunha campaña da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo consistente en pillar bolboretas virtuais co móbil mediante a aplicación gratuíta iButterfly One. Con ela, os composteláns poden gozar da maxia da realidade aumentada ao tempo que percorren as rúas da cidade.

Leer más
Compartir: