CONSORCIO

Rematan as obras na igrexa de San Agustín, centradas na limpeza da fachada e na erradicación das humidades

11/02/2015

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras na igrexa de San Agustín, centradas na limpeza da súa fachada, e que se iniciaran a principios do mes de decembro. En particular, abordáronse os problemas de crecemento de plantas e de entrada de auga a través das xuntas da pedra da fachada. A intervención, executada pola empresa TRYCSA, tivo un orzamento global de 49.292,40 euros.

Leer más

ALCALDÍA

Agustín Hernández resalta a coordinación entre Policía Local e Policía Nacional para seguir facendo de Santiago de Compostela unha cidade segura

11/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiron a Xunta Local de Seguridade. Na mesma, entre outras cuestións, analizáronse os índices de criminalidade na cidade dos anos 2014 e do inicio de 2015, constatando unha evolución que segue a reflectir que Santiago de Compostela é unha cidade segura. Destaca a diminución en 2014 dos roubos con forza, das infraccións por tráfico de drogas e dos danos.

Leer más

MULLER

As mulleres de Compostela serán as protagonistas dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller

10/02/2015

A Concellería de Servizos Sociais pon en marcha a campaña Mulleres, todas somos protagonistas, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo. O programa comprende dúas actividades principais, un chamamento online para recoller fotografías e a formación dun mural con todas esas fotografías con motivo do acto institucional previsto para o domingo 8 de marzo.

Leer más

FESTAS

Desfiles, festivais, bailes, obradoiros, gastronomía e animación de rúa no programa do Entroido compostelán

10/02/2015

A concelleira de Festas, María Antón, presentou en rolda de prensa a programación do Entroido 2015, que se celebrará entre os días 14 e 18 de febreiro. O desfile do martes 17 será un ano máis o punto forte dun calendario que arrancará co desfile do Meco e que incluirá un festival infantil, obradoiros, actividades nos centros socioculturais, ofertas gastronómicas e a todas as propostas ligadas ao Entroido dos Xenerais da Ulla.

Leer más

DEPORTES

O alcalde agradece aos gañadores dos Premios Santiago Deporte o esforzo e o seu papel como animadores da práctica deportiva

10/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu a II Gala do Deporte de Santiago, na que se entregaron os Premios Santiago Deporte 2014. Na cerimonia, celebrada no Auditorio de Galicia, foron galardoados a patinadora artística Nadia Iglesias, o atleta Pedro Nimo, o club Arteal Tenis de Mesa, o adestrador de fútbol sala Santiago Valladares, a empresa Cenor, a S.D. Compostela, o IES Rosalía de Castro e o directivo José Manuel Castelao.

Leer más

ALCALDÍA

Agustín Hernández agarda que a modificación da ordenanza reguladora do vello hospital provincial permita á USC desenvolver os seus proxectos de futuro

09/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o reitor da USC, Juan Viaño, asinaron o protocolo entre a USC e o Concello que fixa as condicións de modificación da ordenanza OE-5, para xestionar o alleamento na parcela de titularidade universitaria do vello hospital provincial de Galeras. Avánzase así no proceso de recuperación deste antigo edificio- situado nunha parcela que era a única pendente de desenvolvemento nesta zona- co fin de dotar finalmente á cidade dun equipamento que satisfaga o interese público.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Santiago de Compostela, distinguida como "Cidade da Ciencia e a Innovación 2014"

09/02/2015

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, recolleu en Burgos o galardón outorgado a Santiago de Compostela como "Cidade da Ciencia e a Innovación 2014". Estas distincións, concedidas polo Ministerio de Economía e Competitividade, recoñecen, tal como expresan as súas bases, "as cidades líderes na creación de vantaxes competitivas grazas á conxunción do capital intelectual e do coñecemento dos seus recursos humanos, con avanzadas infraestruturas locais de forte...

Leer más
Compartir: