POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase ao Día mundial da loita contra a SIDA cunha campaña centrada na xuventude que incide na necesidade de facerse a proba de detección para frear a enfermidade
Nos últimos anos, o Concello de Santiago, visibilizaba a efeméride nas rúas, a través de asociacións sensibles a esa temática. Neste 2021, cambia o foco e pon a atención na xente moza cunha campaña que volve aos centros educativos cunha mensaxe, concisa e clara: o diagnóstico e o tratamento precoz vencen o VIH, fai a proba", conscientes de que ese e o mellor camiño para poñer fin á pandemia.
CONSORCIO
O Concello de Santiago promove visitas comentadas á exposición Memorias do Café Derby (1929-2020), patrocinada polo Consorcio de Santiago, na Casa do Cabido
Serán os venres e algún xoves ás 18:00 h e os domingos ás 12:00 h, previa inscrición en visitas@consorciodesantiago.org. Comezan este venres e prolongaranse ata finais de febreiro.
IGUALDADE
#taméneu, o novo libro de María Xosé Porteiro, preséntase na Casa das Mulleres, Xohana Torres, en Compostela, o xoves 2 de decembro
A concelleira Mercedes Rosón, a escritora Marilar Aleixandre e a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, María Méndez, participarán o próximo xoves na presentación do novo traballo da xornalista e escritora María Xosé Porteiro que vén de publicar #taméneu, unha escolma de setenta e sete traballos xornalísticos sobre o que denomina "a revolución feminista".