PARQUES E URBANISMO

O Concello recupera os xardíns do Pazo de Amarante para o uso cidadán

11/11/2011

Os xardíns do Pazo de Amarante volverán a ter un uso público, segundo anunciaron as concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao. Así se formalizará en breve nun convenio, tal como se acordou na reunión que mantiveron as dúas edís coa secretaria xeral do Patrimonio, Rosa Pedrosa, e co director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel.

Leer más

MOBILIDADE

O servizo de aluguer de bicicletas interrómpese temporalmente durante os meses de outono e inverno

10/11/2011

O servizo de aluguer de bicicletas (Combici) suspéndese temporalmente durante os meses de outono, inverno e principio da primavera. A decisión obedece á significativa baixada de usuarios, fundamentalmente turistas, que este servizo sofre no devandito período. Non obstante, os principais usuarios deste sistema alternativo de transporte, os universitarios, teñen perfectamente cubertas as súas necesidades co servizo ofrecido pola propia Universidade de Santiago. A interrupción producirase a partir do vindeiro domingo 13 de novembro.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde, satisfeito cos máis de 420.000 viaxeiros que xa transportou o autobús público ao aeroporto de Lavacolla

10/11/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, realizaron unha viaxe no autobús da liña de transporte público ao aeroporto, só uns días despois da entrada en funcionamento da última das tres unidades de plataforma baixa previstas para o servizo. Xunta e Concello traballan agora para achegar a parada de Doutor Teixeiro máis ao centro e para levar o autobús ata estación de ferrocarril.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Conclúen os obradoiros de acollida para inmigrantes "INTÉGRA-T"

10/11/2011

O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais desenvolveu do 8 ao10 de novembro os obradoiros INTÉGRA-T. Procuraron dar resposta ao sentimento de falta de información do colectivo inmigrante da Zona Urbana Santiago Norte que chegou a cidade de Santiago en datas recentes, fomentando a súa integración social e paliando o sentimento de desarraigo destas persoas.

Leer más

ECONOMÍA

Máis de 200 persoas participan nas Xornadas Internacionais de Coaching

10/11/2011

A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, asistiu á inauguración das Xornadas Internacionais de Coaching (XIC), que se celebran no Cersia. Na inauguración tamén participaron a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a directora xeral do BIC Galicia, Maite Cancelo. Nestas xornadas, únicas en España, participan máis de 200 persoas procedentes de todo o país e mesmo do estranxeiro.

Leer más

ALCALDÍA

Concello e Xunta xestionarán ante o Ministerio de Medio Ambiente un cambio de ubicación para a depuradora da Silvouta

09/11/2011

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, solicitarán ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, un cambio de ubicación da futura depuradora da Silvouta. Así o acordaron nunha reunión celebrada en Raxoi o alcalde, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.

Leer más
Compartir: