CENTROS SOCIOCULTURAIS

Entréganse os premios dos Certames Literarios da Rede de Centros Socioculturais

20/04/2010

O venres 23, Día do Libro, entregaranse os premios da IX edición do Certame de Relato Curto José Saramago e da VII edición do Certame de Poesía Aurelio Aguirre, certames literarios que organiza a Concellaría de Centros Socioculturais. Os gañadores dos premios foron Alberte Momán, con Sermos un, na edición de poesía, e Diego Giráldez, con Un cometa para unha despedida, na edición de relato curto. A entrega de premios será na Biblioteca do CSC das Fontiñas...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica e Caixa Galicia ofrecen formación a emprendedores para elaborar o seu plan de empresa

19/04/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o director de Organismos de Caixa Galicia, Álvaro Rodríguez Cabo, presentaron a terceira edición do curso gratuito Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito. A acción formativa enmárcase no Servizo de Apoio á Empresa que ofrece Promoción Económica, igual que a V Xornada Emprende en Compostela, na que tamén colabora Caixa Galicia.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Destacados especialistas debaterán sobre pedagoxía nas xornadas "Unha nova ollada en torno ás Misións Pedagóxicas"

19/04/2010

Os días 21 e 22 de abril, na Casa das Asociacións, destacados representantes de ámbitos da pedagoxía, da investigación, da historia da educación, da arte ou do xornalismo, compartirán co público as súas reflexións e ensaiaran respostas a novos interrogantes dende as perspectivas histórica e de xénero. Será nas Xornadas de Comunicación e Debate Unha nova ollada en torno ás Misións Pedagóxicas.

Leer más

ALCALDÍA

As obras de ampliación do tramo urbano da AP-9 licitaranse despois do verán

17/04/2010

O ministro de Fomento, José Blanco, presentou o proxecto de ampliación da AP-9 no seu paso por Santiago, nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Este tramo, libre de peaxe, pasará a contar con catro carrís por sentido entre Santiago Norte e Santiago Leste e con tres entre Santiago Leste e Santiago Sur. Esta actuación suporá un investimento de preto de 100 millóns de euros.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Chega a Compostela o grupo veciñal que realizou o tramo galego do Camiño Francés

17/04/2010

A primeira das tres rotas polos Camiños tradicionais do programa Fai o camiño conosco concluíu coa chegada a Compostela da peregrinación composta por veciños da cidade. Acompañados pola concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, os veciños chegaron á Porta Santa tras percorrer 12 quilómetros dende Lavacolla a Santiago.

Leer más
Compartir: