MEDIO RURAL

Presentación dun estudo sobre o mel

15/11/2011

O conselleiro de Medio Rural, Luis García Bello, asistiu xunto co conselleiro de Medio Rural, Samuel Juarez, ao acto de presentación das conclusións do estudo Posta en valor do mel: etiquetado nutricional.

Leer más

CULTURA

Jorge Drexler, "moi contento" de recibir o premio Cineuropa na súa XXV edición

15/11/2011

O Festival de Cine compostelán entregou o segundo dos premios Cineuropa, na súa vixésimoquinta edición, a Jorge Drexler, nunha gala-concerto que se celebrou no Auditorio de Galicia. Este recoñecemento ao músico e compositor uruguaio súmase ao Óscar que posúe polo seu tema "Al otro lado del río" para a película Diarios de motocicleta (1997) e o Goya á mellor canción por Lope (2010). Á cerimonia asistiron o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de...

Leer más

ALCALDÍA

Santiago, pioneira na aplicación dos traballos comunitarios como alternativa ás sancións por consumo de alcohol

14/11/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e a concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, presentaron o Programa de Traballos para a Comunidade. Este catálogo de tarefas permitirá dar cumprimento ao establecido no artigo 91 de Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria. Santiago é a primeira cidade galega en por en marcha esta medida, contemplada na Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

Leer más

CULTURA

Jorge Drexler recibe o premio Cineuropa

14/11/2011

O Festival de Cine compostelán entregará o segundo dos seus premios Cineuropa, na súa XXV edición, a Jorge Drexler, nunha gala-concerto que se celebrará no Auditorio de Galicia, a partir das 20:30 horas do martes 15. Este recoñecemento ao músico e compositor uruguaio súmase ao Óscar que posúe polo seu tema "Al otro lado del río" para a película Diarios de motocicleta (1997) e o Goya á mellor canción por "Lope" (2010). Á cerimonia, asistirán o alcalde de...

Leer más

ALCALDÍA

O Pen Galicia presentoulle ao alcalde a IV Bienal Literaria Internacional

14/11/2011

O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, recibíu no Concello o presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar, quen lle presentou os actos da IV Bienal Literaria Internacional, que se vai celebrar en Compostela na segunda quincena de outubro de 2012. Nesta edición, o certame, baixo o título "Compostela, de pedra e de palabra", quere amosar o compromiso co medioambiente.

Leer más

MOBILIDADE

Cambios no tráfico e novas paradas do autobús urbano no barrio de Meixonfrío

11/11/2011

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, anunciou a conversión a sentido único de dúas rúas do barrio de Meixonfrío e a implantación de dúas novas paradas do autobús urbano e o traslado doutras dúas. Estas medidas responden ás demandas dos veciños e permitirán mellorar a mobilidade nesta área da cidade.

Leer más
Compartir: