XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a presentación da candidatura de Santiago á convocatoria de renovación da Distinción Cidade da Ciencia e a Innovación
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou a presentación da candidatura do Concello de Santiago de Compostela á convocatoria de renovación da Distinción Cidade da Ciencia e a Innovación aprobada na Resolución da Secretaría Xeral de Innovación de 26 de novembro de 2020.
EIXO ATLÁNTICO
Eixo Atlántico cambia de estratexia para maior unión da Eurorrexión
O Eixo Atlántico acordou onte, en asemblea cos 39 concellos, deputacións e cámaras municipais que o integran, cambiar de estratexia: logo de 28 anos traballando na cooperación transfronteiriza, evoluciona ao desenvolvemento local conxunto entre
cidades do Norte de Portugal e Galicia, na busca dunha eurorrexión
máis compacta. Na xuntanza participou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
ACCIÓN CULTURAL
O Grupo de Cidades Patrimonio aposta pola cultura segura en contornas patrimoniais con eventos como A Noite do Patrimonio ou o VIII Ciclo de Concertos de Música de Cámara
Así se acordou na Comisión de Educación, Cultura e Deporte na que participou a concelleira de Acción Cultura, Mercedes Rosón.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde co secretario xeral de Axenda Urbana para coordinar a elaboración da AUE e a participación do Concello nos programas europeos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe unha videoconferencia co secretario xeral de Axenda Urbana e Vivenda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Francisco David Lucas Parrón. Segundo explicou o rexedor, na reunión tratouse a colaboración entre ambas entidades, "a efectos de coordinar a actuación tanto para a elaboración da Axenda Urbana, como para participar nos programas europeos que se abren dentro do Fondo Europeo de Reconstrución" vinculados á citada axenda.
EMPREGO
Científicas galegas compartirán a súa historia por streaming en "As ciencias escríbense en feminino"
O xoves 11 de febreiro ás 12.00h terá lugar "As ciencias, as nenas", o evento online por streaming para colexios e institutos de Galicia para celebrar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas. A día de hoxe son case de 4.000 alumnas e alumnos de moitos centros eductativos de Galicia que formalizaron inscrición á xornada de divulgación en liña. A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, acompañada polo técnico de Emprego Rubén...
COMERCIO
O alcalde reúnese coas asociacións de comerciantes para a posta en marcha do terceiro plan de axudas
Xosé Sánchez Bugallo reuniuse esta mañá coas asociación de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, e Ourives de Compostela, co obxectivo de poñer en marcha o terceiro plan de reactivación económica para os sectores que máis de cerca están padecendo as consecuencias das medidas restritivas ditadas para frear a pandemia.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de crédito extraordinario para a adquisición do 31% de capital de UNINOVA
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou o expediente de crédito extraordinario co número 2021-CREXT-01 con base ao contido do informe proposta que forma parte do expediente, por un monto global de 57.198,00 euros co obxectivo de dar cobertura de crédito adecuado e suficiente para atender á adquisición do 31% do capital social da empresa (Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L (Uninova), da cal o Concello é socio, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a tendencia descendente dos contaxios e espera que se siga mantendo "este deslizamento á baixa"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou, na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local, que o número de casos activos por COVID en Compostela é, a día de hoxe, de 531 "o mellor dato desde o pasado 18 de xaneiro". Onte eran 601. A incidencia acumulada a 14 días é de 519 casos. Con estes datos, continúa, non cabe esperar unha caída brusca, pero si cabe esperar "que se siga mantendo este deslizamento á baixa".
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O 15 de febreiro remata o prazo para aboar as tarxetas de municipio
A concellería de Mobilidade lembra que o 15 de febrero remata o prazo para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de municipio, para todas aquelas persoas que xa posúan unha destas tarxetas.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reúnese cunha representación da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe á presidenta de AEIGA, a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, Isabel Fraga Castro. No encontro, ao que tamén asistiron a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; o técnico responsable de Emprego, Javier Ferreiro; e Rocío Rodríguez, secretaria técnica da entidade; tratáronse as posibles liñas de traballo e colaboración conxunta para o ano 2021.