ACCIÓN CULTURAL
Aberto o prazo de inscrición para a XV edición do festival de cine Curtocircuíto
Xa está aberto o prazo para participar na 15ª edición do Festival Internacional de Cine, Curtocircuíto, que se celebrará do 29 de setembro ao 7 de outubro. Todos os que queiran inscribir as súas curtametraxes poden facelo, de balde a través da plataforma shortfilmdepot.com, sendo a data límite para facelo o 31 de maio de 2018. As curtametraxes teñen que durar un máximo de 59 minutos (títulos de crédito incluídos), deben estar rematadas con.../em>
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle unha exposición dos fondos da biblioteca histórica do Instituto Xelmírez I
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, na que se abordaron asuntos de trámite. Unha vez rematada a xuntanza, os membros da mesma acudiron á inauguración da exposición "A pegada do coñecemento" na Casa do Cabido. Reúne os principais fondos da biblioteca histórica do Instituto Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Teatro Principal acolle un recital poético e musical para celebrar o Día do Libro
O Concello celebra o Día do Libro cun recital poético e musical que terá lugar o luns 23 de abril a partir das 11:00 horas no Teatro Principal. A entrada é de balde ata completar aforo e ao acto xa foron convidados os centros educativos de secundaria, así como o alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros escolares.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os institutos de Santiago seguen traballando sobre o Banquete de Conxo
Os institutos de Santiago de Compostela continúan a traballar durante este mes de abril en torno á programación didáctica O Banquete de Conxo de 1856. A confraternización como símbolo, realizada por Alfonso Iglesias, profesor de Historia da Universidade do Porto e membro do grupo Hispona da Universidade de Santiago.
TURISMO
Máis de 20 restaurantes de Santiago prepararán pratos de cabra para celebrar o Banquete de Conxo
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, presentaron a lista de máis de 20 restaurantes que prepararán pratos especiais con cabra nesta fin de semana, na que se celebra o Banquete de Conxo cunha nova Festa. Estes restaurantes atópanse por todo Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde volve reclamar a mellora da rotonda de Conxo no inicio das obras do enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura
O alcalde de Santiago volveu reclamar hoxe que se execute a actuación comprometida polo Goberno do Estado para o acondicionamento da rotonda de Conxo. Foi durante o acto de inicio das obras do enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura, presidido polo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.
LINGUA
Máis de 70 vídeos participan no certame Enreguéifate
Unha vez rematado o prazo para participar no certame Enreguéifate, foron máis de 70 os vídeos recibidos entre a categoría xeral e a escolar. Esta última foi a máis concorrida, con regueifeiros/as de múltiples centros educativos de todo o país.
EMPREGO
Recuperada a Fonte da Virxe da Cuncha, orixe do barrio de Conxo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asistiu esta mañá á posta de novo en funcionamento da Fonte da Virxe da Cuncha, recentemente recuperada grazas aos traballos do obradoiro de emprego Ecotur III. Goza dun gran valor patrimonial e histórico e dábase por perdida pola veciñanza.
ALCALDÍA
O Concello e a Xunta asinarán un convenio para a licitación da mellora do Camiño Inglés no tramo do Polígono do Tambre
O Concello de Santiago e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevén asinar nos próximos meses un convenio de colaboración previo á licitación das obras de mellora do Camiño Inglés no tramo do Polígono do Tambre. Esta actuación está enmarcada no Protocolo de Colaboración para a Mellora e Integración Paisaxística das Entradas dos Camiños de Santiago, e suporá un investimento de 1,6 millóns de euros. O obxectivo é iniciar a licitación do proxecto no mes de...
CONSORCIO
A violinista británica Tasmin Little impartirá clases a músicos/as galegos/as
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza da recoñecida violinista británica Tasmin Little, que tocará coa Real Filharmonía de Galicia en Santiago o xoves 26 e en Ferrol o venres 27.