ACCIÓN CULTURAL

O ciclo TerraZeando presenta este mércores a banda madrileña Remate

08/08/2016

A banda madrileña Remate ofrece o seu surrealismo cínico e socarrón na nova cita de TerraZeando, o ciclo de concertos para gozar do serán en Compostela. A cita é este mércores 10 de agosto, ás 21:00 horas, no Bar O Sendeiro, con entrada de balde ata completa aforo. Este ciclo de concertos conta co apoio do Concello de Santiago.

Leer más

ALCALDÍA

Martiño Noriega reitera a necesidade de manter os vencellos da colectividade galega no exterior coas súas raíces

05/08/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, recibiron unha delegación do Centro Galicia de Bos Aires e do Instituto Argentino-Gallego "Santiago Apóstolo". Esta visita institucional devolvía a realizada polo rexedor municipal en abril á capital arxentina con motivo da presenza de Santiago como cidade convidada na Feira do Libro de Bos Aires.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia participa en Música en Compostela cun novo concerto este venres no Auditorio de Galicia

04/08/2016

No marco da 59ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto mañá venres. Será ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, intervirá como solista o pianista catalán Josep María Colom.

Leer más

ALCALDÍA

Santiago de Compostela é seleccionada na II Convocatoria de Cidades Intelixentes cun proxecto en colaboración cos concellos de Zaragoza, Madrid e A Coruña

04/08/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou esta mañá que o Concello de Santiago vén de gañar a II Convocatoria de Cidades Intelixentes promovida polo Ministerio de Industria, co proxecto Plataforma de goberno aberto, colaborativo e interoperable. "Para nós", explicou Martiño Noriega, "é un éxito ter sido un dos 14 proxectos elixidos dos 111 presentados e, ademais, ter obtido a terceira mellor puntuación. Esta proposta supón dar un paso máis de cara a mellorar a transparencia no...

Leer más

FESTAS

Máis de 80.000 persoas participaron nas festas do Apóstolo 2016, as máis descentralizadas dos últimos anos

02/08/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, fixo balance esta mañá das festas do Apóstolo 2016, que congregaron a "milleiros de veciños e veciñas na cidade, enchendo as rúas e as prazas durante os 16 días de festa". Os festexos comezaran o 15 de xullo, co pregón do médico Anxo Carracedo, que suscitou moito interese e congregou a numeroso público na praza do Obradoiro.

Leer más
Compartir: