CIDADE HISTÓRICA

"A Cerca da Cidade" fai un percorrido didáctico polos principais puntos da muralla medieval de Compostela do século XI

21/09/2009

A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, presentou a publicación A Cerca da Cidade, que resume, de xeito sinxelo e didáctico, os resultados do traballo realizado ata o de agora dentro do Estudio e restauración da muralla medieval da cidade promovido e iniciado pola OCiHR en 2008. O estudio pretende, a medio e longo prazo, recuperar a muralla medieval (tanto a súa historia como as estruturas que aínda se conservan) para reintegrala na memoria e na paisaxe histórica da cidade.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reúnese co director xeral de Tráfico para falar do Plan de Sinalización de Mobilidade para o Xacobeo

21/09/2009

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou ao director xeral de Tráfico, Pere Navarro Olivella, o Plan de Sinalización da Mobilidade para o Xacobeo 2010. Durante o encontro que mantiveron na sede da Dirección Xeral de Tráfico, en Madrid, Navarro amosou a súa conformidade ante a proposta do Concello, así como a intención de traballar conxuntamente para que o Plan estea a punto na Semana Santa de 2010, de xeito que se poida afrontar con eficacia a regulación, ordenación e seguridade viaria do tráfico en...

Leer más

CULTURA

Camilla Tilling e Roger Vignoles dedican o segundo concerto do X do Ciclo de Lied a Schumann e Strauss

21/09/2009

Tras o éxito do concerto inaugural, o martes 22, ás 21:00 horas, celébrase no Teatro Principal de Santiago o segundo concerto da X edición do Ciclo de Lied, organizado pola Concellaría de Cultura e a Asociación Galega da Lírica. Protagonista deste concerto é a soprano sueca Camilla Tilling, unha cantante de renome e ascendente carreira que causou unha inmellorable impresión na súa primeira actuación en Santiago de Compostela hai cinco anos, na quinta edición deste ciclo.

Leer más

MOBILIDADE

A zona sur contará cun aparcadoiro de borde para 400 prazas en Santa Marta

18/09/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) farase cargo dunha parcela en Santa Marta para convertela nun aparcadoiro de borde. Así se informou esta mañá ao Consello de Administración da entidade, que xestionará unha bolsa de estacionamento moi ben comunicada e atendida por catro liñas do transporte urbano.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde avoga polo mantemento dunha representación ao máximo nivel no Comité de Rutas que asegure a súa operatividade

18/09/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á constitución do Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas de Galicia, constituído por representantes do Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, os concellos da Coruña, Santiago e Vigo e organizacións empresariais. Tras a mesma, en rolda de prensa, saudou a iniciativa e anunciou que se abriu un prazo de dúas semanas para facer chegar as consideracións oportunas sobre este Comité, incluído o seu funcionamento interno.

Leer más
Compartir: