ALCALDÍA

Os impostos municipais permanecerán conxelados en 2010

23/10/2009

Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que en 2010 permanecerán conxelados os impostos, prezos públicos e taxas municipais. Outro anuncio foi a celebración o 24 de xullo de 2010 da reunión do Real Padroado.

Leer más

TURISMO

As pernoctacións en Santiago de Compostela subiron en setembro un 18,93%

23/10/2009

No mes de setembro producíronse en Santiago 126.743 pernoctacións, o que supón un crecemento do 18,93% respecto das 106.567 que se deron no mesmo mes do ano 2008, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Estes datos contrastan coa caída do 6,6% que se produciu a nivel estatal. En Galicia, o crecemento no mes de setembro foi do 2,38%.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Homenaxe a tres veciños de Compostela

23/10/2009

Na Casa das Asociacións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á homenaxe que a Concellería de Participación Cidadá lles rendu ás persoas que teñen traballado polo ben colectivo ao longo da súa vida.

Leer más

ALCALDÍA

Listo para a súa adxudicación o proxecto da nova EDAR

23/10/2009

A ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM), Elena Espinosa, visitou en compañía do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, as obras de mellora do saneamento de Santiago, nas que este departamento investirá preto de 100 millóns de euros. Antes, nun encontro cos medios, a ministra anunciou que o Ministerio ten todo listo para comezar o proceso de adxudicación da obra da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR).

Leer más

ALCALDÍA

Felipe Ugalde recolleu o II Premio Compostela de Álbums Ilustrados pola súa obra "Un gran soño"

22/10/2009

O ilustrador mexicano Felipe Ugalde recolleu de mans do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o II Premio Compostela de Álbums Ilustrados. A súa obra Un gran soño logrou impoñerse nunha edición á que se presentaron 280 traballos de 22 países. O gañador recibiu 12.000 euros e o libro xa está dispoñible nas cinco linguas peninsulares (castelán, galego, vasco, catalán e portugués), ademais de en italiano e inglés.

Leer más

CULTURA

A Real Filharmonía e os Monicreques de Kukas presentan "O castelo da Rocha Vella"

22/10/2009

O sábado 24 de outubro, o Auditorio de Galicia acollerá un concerto especial, O castelo da Rocha Vella, pensado para as familias e grazas ao cal os nenos poderán descubrir a historia de Santiago dun xeito diferente. A idea xurdiu da necesidade de contar ás novas xeracións de Compostela a historia da súa cidade dunha forma amena á vez que eficiente.

Leer más

XUVENTUDE

O Centro Sociocultural O Ensanche organiza o ciclo de cine fantástico "Non Future"

22/10/2009

O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou un ciclo de cine de ciencia ficción, Non Future, que se celebrará do 26 ao 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en horario de 20:00 e 22:00 horas. No acto, tamén estivo presente o xornalista cinematográfico da TVG e Radio Galega, Moncho Lemos, en calidade de coordinador da actividade cultural.

Leer más
Compartir: