ACCIÓN CULTURAL

"Paulina", "El Incendio" e "Nahid" para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

24/11/2015

O Salón Teatro acollerá a proxección de tres películas multipremiadas este ano en Cannes, Berlín e San Sebastián, as arxentinas Paulina e El Incendio, e a iraniana Nahid, que conflúen en abordar desde posturas nada compracentes e abertas ao debate a violencia exercida contra a muller de xeito individual ou desde unha política de Estado. Estas proxeccións de Cineuropa, en colaboración coa Concellaría de Igualdade, serven para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da...

Leer más

IGUALDADE

O alcalde e a concelleira de Igualdade visitan algúns dos establecementos adheridos á campaña "Compostela en Negro"

23/11/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois, fixeron este luns un percorrido polas rúas do Ensanche, onde comprobaron a grande acollida que tivo entre o comercio da cidade a campaña de sensibilización sobre a violencia de xénero impulsada desde a Concellería de Igualdade, Compostela en Negro. No seu percorrido estiveron acompañados polos voceiros do BNG, Rubén Cela; do PP, Agustín Hernández; e polo concelleiro socialista Gonzalo Muíños.

Leer más

LINGUA

O Goberno local comprométese a darlle un novo pulo ao programa Apego

23/11/2015

O Goberno local traballa co obxectivo de revitalizar o Programa Apego, que naceu hai seis meses co obxectivo de fomentar o uso do galego entre a infancia e de promover a socialización na nosa lingua no eido familiar. Así o asegurou o alcalde, que esta mañá presentou o obradoiro "Recursos en galego para a educación infantil", que se vai desenvolver ao abeiro do Apego. Martiño Noriega incidiu en que "Compostela é a capital da lingua, e temos que seguir co traballo en prol da dinamización do galego que se empezou na cidade...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O director Fernando Colomo presenta a súa "Isla Bonita" en Cineuropa

23/11/2015

Este martes, Cineuropa recibe a visita de Fernando Colomo para presentar o seu novo traballo, Isla Bonita, a historia dun director en horas baixas convidado por un amigo á súa casa en Menorca. Trátase dun máis que probable autorretrato certeiro, honesto e refrescante. Realizada cun orzamento mínimo, deixa unha ampla marxe para a improvisación dos actores, moitos deles non profesionais que, a pesar diso, protagonizan hilarantes diálogos sobre o amor ou a arte. A cita con Colomo terá lugar ás 20:45 h no Salón Teatro.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Guadalupe Plata e Hendrik Röver & Los Míticos GT’s, este venres en Compostela dentro do ciclo Blues Nite

23/11/2015

Os andaluces Guadalupe Plata chegan este venres a Compostela para ofrecer un concerto dentro do ciclo Blues Nite. Será a partir das 21:30 horas na Sala Capitol e estarán acompañados por Hendrik Röver &Los Míticos GT´s. As entradas poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, en A Reixa Tenda, Miranda, ticketea.com e salacapitol.com a un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros o día do concerto.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio remata as obras no Auditorio de Galicia, destinadas a evitar as filtracións da auga da choiva ao interior do edificio

23/11/2015

O Consorcio de Santiago realizou obras no Auditorio de Galicia co fin de eliminar as humidades nas cubertas dos corpos que conforman a sala de exposicións, a cociña e a cafetería do inmoble. Os traballos, destinados a garantir a estanquidade do edificio, levounos a cabo a empresa Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L., cun orzamento global de 66.550 euros.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa entra na súa última semana con oito estreas internacionais

22/11/2015

Comeza a última semana do festival e, lonxe de decaer, preséntase con forza. Cineuropa tráenos oito estreas. A primeira, Trois souvenirs de moi jeunesse, de Arnaud Desplechin (Salón Teatro ás 20:15 h), é unha fermosa película cunha visión do amor exacerbada, moi próximo ao cinema do Truffaut máis romántico.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

"Marguerite", de Xavier Giannoli, chega este domingo ao festival Cineuropa

21/11/2015

A peor cantante de ópera da historia, Marguerite, "deleitaranos" no Teatro Principal a partir das 17:30 h. A película máis recente de Xavier Giannoli é unha atinada sátira con grande éxito de público e crítica no Festival de Venecia que segue triunfando na carteleira francesa. O director de Cineuropa, José Luis Losa, está convencido de que todos coñeceremos a Marguerite cando termine novembro.

Leer más
Compartir: