MEDIO AMBIENTE

Ampliase o espazo das hortas de Belvís sumando 26 parcelas máis o que fai un total de 57

17/09/2010

O éxito das hortas municipais, iniciativa da concellaría de Medio Ambiente que dirixe Elvira Cienfuegos López, fixo que desde o departamento decidiran ampliar o espazo sumando 26 parcelas máis. Así, estas 26, unidas a 2 do anterior espazo que están sen dono neste momento, serán adxudicadas o vindeiro martes nun acto no Parque de Belvís. A distribución e superficies das hortas poden consultarse na páxina web www.compostelaviva.org.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

O Concello renova a súa colaboración co albergue Xoán XXIII

16/09/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou un convenio de colaboración con Frei Francisco J. Honrubia Bonnín, director da Asociación Centro Cultural – Social Xoán XXIII, en virtude do cal o Concello achega á institución benéfica máis de 20.000 euros para colaborar no servizo de acollida e aloxamento.

Leer más

ALCALDÍA

Raxoi apoia o proxecto europeo de coidadores familiares

16/09/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a recepción institucional que o Concello ofreceu aos participantes no seminario internacional Cosefamie (Competencias ao Servizo da Familia e do Emprego). Este encontro estase a celebrar na cidade hoxe e mañá, en concreto no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (Cersia).

Leer más

CULTURA

A Fundación Granell e o museo Bellapart colaboran nunha exposición sobre a arte española no exilio dominicano

16/09/2010

Hoxe,16 de setembro, ás 19:30 horas, a Fundación Granell inaugura a exposición "Asimilación y traslados, arte español en el exilio dominicano (1939-1960)". A mostra componse dunha escolla dos fondos da colección Bellapart, depositada no museo comesmo nome, sito na cidade de Santo Domingo, na República Dominicana. O acto de inauguración, será presentado pola Directora da Fundación Eugenio Granell,
Natalia Fernández Segarra, coa presenza de Juan José Bellapart, Paula Gómez – Directora do...

Leer más

CULTURA

Trinta concertos conformarán a próxima temporada da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia

15/09/2010

O presidente do Consorcio e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentaron a estación de concertos 2010/2011 da Real Filharmonía no Auditorio compostelán, acompañado por Socorro García Conde, concelleira de Cultura do Concello de Santiago; Antoni Ros Marbà, director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia; Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago; Paulo Rodríguez, director xerente do Auditorio de Galicia e Oriol Roch, director técnico da Real...

Leer más
Compartir: