CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Curtocircuíto presenta un programa de curtas para nenos no Nadal

20/12/2010

Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes organizado pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, presenta un programa de curtametraxes especial para nenos, Público Novo, dentro do seu programa de proxeccións que se está a prolongar ata final de ano, +Curtocircuíto.

Leer más

CULTURA

O Auditorio terá un orzamento de 3.278.000 euros en 2011, un 9,4% menos que en 2010

20/12/2010

O Consello Reitor do Auditorio de Galicia aprobou os orzamentos da entidade para 2011, que contan cun total de 3.278.000 euros, o que supón unha redución do 9,4% con respecto ás cifras deste ano, que é derivada da diminución da transferencia nominativa do Concello de Santiago nun 15%, mentres que a achega do Consorcio non se alterou en relación ao exercicio anterior.

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

A rúa do Espírito Santo estrea o seu novo e humanizado aspecto

19/12/2010

Popularmente coñecida como a rúa de Abaixo, a rúa do Espírito Santo foi reformada integralmente mediante a reurbanización e a redefinición dos seus espazos públicos, ampliando a humanización deste vieiro. O seu novo novo aspecto foi inaugurado polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, nun acto no que tamén participou a concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.

Leer más

ALCALDÍA

A iluminación de Nadal dá colorido a 36 rúas e seis prazas da cidade

18/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a iluminación de Nadal na praza do Obradoiro, acompañado polo concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, e por outros membros da Corporación. A continuación, e tras percorrer algunhas rúas do Casco Histórico, dirixíronse todos á Praza Roxa, onde tamén quedou inaugurada a pista de xeo instalada en colaboración con Santiago Centro.

Leer más

DEPORTES

Fin de semana de karate de alto nivel no Multiúsos Fontes do Sar

18/12/2010

Celébrase durante a fin de semana, no Multiúsos do Sar, o Campionato de España de Karate cadete, júnior e sub-21. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de apertura deste torneo, no que participan 608 deportistas de 17 federacións autonómicas.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Os composteláns amosan a súa solidariedade na Casa das Asociacións de Cornes

18/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou os actos programados dentro da iniciativa Nadal Solidario, organizada pola Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa revista Made in Santiago. O sábado 18 e o domingo 18 celébrase na Casa das Asociacións un rastrillo solidario, e alí recóllense tamén alimentos e xoguetes para doar á Cociña Económica, Cottolengo, Cáritas e Albergue de Xoán XXIII.

Leer más

PLENO

A Corporación municipal aproba a conxelación de todos os impostos e prezos públicos e da meirande parte das taxas

17/12/2010

Unha vez estudadas e rexeitadas as alegacións presentadas, o Pleno da Corporación Municipal aprobou esta mañá definitivamente a modificación das ordenanzas fiscais. Tal como explicou a concelleira de Facenda, Rosa Fernández, a medida tradúcese "na conxelación de todos os impostos, a conxelación de todos os prezos públicos, a conxelación da meirande parte das taxas e unha actualización moderada de cinco ordenanzas: as relacionadas co ciclo da auga e do estacionamento de vehículos e grúa...

Leer más
Compartir: