ALCALDÍA
O alcalde recibe a Plataforma de afectados pola parcela de Peleteiro
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza no Pazo de Raxoi coa Plataforma de afectados pola parcela de Peleteiro, na que tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e técnicos municipais de Urbanismo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica obras de abastecemento e saneamento en varias parroquias do rural por preto de 266.000 euros
A Xunta de Goberno, reunida en sesión ordinaria, adxudicou dúas obras de abastecemento e saneamento en Ponte Alvar e nas parroquias de Aríns, Laraño e Sabugueira por un importe global de 265.840,01 euros. Ademais, deu o visto bo a cinco licenzas: para construción dunha nave no Polígono da Sionlla, para demolición e construción de edificio en Pérez Constanti, para unha vivenda unifamiliar e para o acondicionamento e cambio de uso dun local a vivenda. Dos asuntos tratados deu conta en rolda de prensa o alcalde de Santiago.
EDUCACIÓN
Un total de 190 nenos e nenas participarán nos programas de conciliación de Semana Santa
O Departamento de Educación do Concello de Santiago pon en marcha un ano máis o "Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa 2022", que se desenvolverá os días 11, 12, 13 e 18 de abril de 2022 nas instalacións do CEIP Quiroga Palacios, e que contará coa participación de 87 cativos. O Espazo de Lecer María Miramontes e as Escolas Infantís Municipais tamén ofrecerán este servizo a 73 e 30 menores, respectivamente.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano
O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañados por Isabel Suárez e Miriam Fernández, da Fundación Secratario Xitano, e representantes dos demais grupos municipais, deron lectura ao manifesto institucional en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tamén se celebra coa colocación da bandeira ou co canto do himno Gelem, Gelem, símbolos deste colectivo.
DEPORTES
Santiago acollerá a Final Four Junior de Hockey, a primeira fase amateur de patinaxe artística, e o primeiro torneo de fúbol sala de Santa Marta
Compostela acollerá, entre o 9 e o 13 de abril, Final Four Junior de Hockey a patíns, a primeira fase amateur de patinaxe artística, e o primeiro torneo de fúbol sala de Santa Marta, nos que colabora o Concello de Santiago. Presentáronos hoxe a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, Ángel Pérez, da directiva do Hockey Club Raxoi, Santiago Araújo, presidente do Club Santa Marta; e Álvaro Turnes, presidente da Agrupación Deportiva Codima.
ALCALDÍA
O Tribunal Supremo admite a trámite os dous recursos do Concello para recuperar as estatuas do Mestre Mateo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción por esta nova "inesperada" que abre unha porta para que o Concello poida recuperar a titularidade pública das estatuas do Mestre Mateo. Os dous recursos aceptados a trámite foron presentados en 2020 contra a sentenza da Audiencia de Madrid que recoñecía á familia Franco a propiedade destas dúas pezas do Pórtico da Gloria.
EDUCACIÓN
A Ludoteca de Fontiñas celebra este sábado 9 de abril o aniversario de nacemento de María Miramontes
Coincidindo co aniversario de nacemento de María Miramontes, o 6 de abril de 1895, está previsto a realización de diferentes actividades relacionadas coa súa vida.
SAÚDE
Máis de corenta empresas participan esta fin de semana nun evento de vodas a favor de ASOTRAME
A Cidade da Cultura acolle esta fin de semana o evento de vodas WeddingPack Solidario "Cásate no Camiño", cuxo beneficio íntegro será doado a ASOTRAME (Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea) para proxectos de humanización dos pacientes illlados nos hospitais. A feira está organizada pola asociación sen ánimo de lucro I’TICS (Institución turística inclusiva, cultural e social), que conta co apoio do Concello de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o roteiro "O Santiago da II República da man de Fernando Barcia Veiras" que se vai desenvolver o 14 de abril
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, convidou a cidadanía de Compostela a participar no roteiro "O Santiago da II República da man de Fernando Barcia Veiras" que se vai desenvolver o xoves 14 de abril. Unha actividade que, sinalou, "constitúe un importante exercicio de visibilización e difusión da nosa memoria histórica".
MEDIO RURAL
O Concello de Santiago inviste máis de 6 millóns de euros en 36 actuacións do rural dentro dos POS+ 2021 e 2022
O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, deu conta en rolda de prensa das obras executadas no rural en 2021 e adiantou as obras previstas para este ano 2022. Entre as 8 obras presentadas á convocatoria POS+2022, e as 28 xa rematadas, en execución ou preparadas para licitación, suman un total de 36 actuacións no rural, cun investimento superior aos 6 millóns de euros. Esta cifra superaría os 8,1 millóns, se se contabilizan as actuacións realizadas con fondos propios, "o que reflicte a aposta deste goberno e desta...