EDUCACIÓN

A Concellería de Educación involúcrase na celebración da Noite dos Investigadores

23/09/2010

A Noite dos Investigadores 2010 celebrarase o vindeiro venres 24 de setembro en Santiago de Compostela e, simultaneamente, en 150 cidades europeas máis. A Delegación Institucional do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) en Galicia, lidera o proxecto na nosa comunidade en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

As persoas xordas celebran o sábado o seu Día Internacional para reivindicar os seus dereitos e facerse máis visibles ante a sociedade

23/09/2010

A concelleira de Benestar Social, Mar Martin, acompañada do presidente da Asociación Compostelá de Persoas Xordas, José Antonio Pais, e do secretario da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, presentou en rolda de prensa o Día Internacional deste colectivo, que tará lugar este sábado, 25 de setembro, cun obxectivo claro: sensibilizar á sociedade.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

O Concello elabora unha guía integral contra a violencia de xénero que coordina institucións e simplifica os pasos que deben dar as vítimas

22/09/2010

A Concellería de Benestar Social e Muller vén de editar unha completa e ambiciosa guía baixo o título "Itinerarios de intervención con mulleres para o tratamento e prevención da violencia de xénero". A concelleira Mar Martín presentouna en rolda de prensa acompañada por todos os colectivos (dos ámbitos sanitario, administrativo, policial, gubernamental...) que participaron na elaboración da mesma. Segundo sinalou a concelleira de Muller, son moitos os protocolos que existen á hora de tratar a unha...

Leer más

TRÁFICO

As solicitudes de tarxetas para o aparcamento de residentes no barrio de Pontepedriña teñen que presentarse nos rexistros do Concello

21/09/2010

Entre o pasado luns, 20 de setembro, e o 15 de outubro os veciños das rúas que se enumeran a continuación e que cumpran cos requisitos establecidos poden solicitar as tarxetas de aparcamento para residentes. A solicitude pode descargarse da web www.santiagodecompostela.gal ou ben recollerse na oficina de Atención ao Cidadán sita na rúa Salvador Allende. Unha vez cuberta, e con todos os documentos necesarios, deberá presentarse no REXISTRO XERAL DO CONCELLO ou nos REXISTROS AUXILIARES ubicados nos centros socioculturais do Ensanche e de...

Leer más
Compartir: