EDUCACIÓN
A Campaña de Animación á Lectura despediuse cunha sesión de contos e música
A XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, que organizan a Concellería de Educación e Kalandraka, chegou ao seu fin. A última actividade, aberta ao público e á que asistiu a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, foi unha sesión especial de contos amenizada musicalmente polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.
REHABILITACIÓN E CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello e a Universidade estudan a posibilidade de que alumnos de Historia realicen prácticas de escavación na Rocha
Os concelleiros de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Urbanismo, Rehabilitación e Cidade Histórica, María Pardo, visitaron o petroglifo emprazado na Rocha Vella, acompañados por historiadores e por membros da Asociación Cultural Rocha Forte e da Asociación de Veciños Serafín Zas, da Rocha.
CULTURA
"Pinocho, un conto musical" chega o domingo 27 ao Auditorio de Galicia
A partir do éxito obtido na Mostra d’Alcoi de 2009, Pinocho, un conto musical iniciou unha xira estatal que permitiu achegar ao entrañable monicreque de madeira a máis de 40.000 espectadores. E dentro desta xira, o domingo 27 chega a Compostela o musical, que foi finalista ao mellor espectáculo infantil nos Max 2011. Será no Auditorio de Galicia a partir das 18:30 horas e as entradas, a 12 €, poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco, e na billeteira do Auditorio de Galicia o propio día do espectáculo...
DEPORTES
Clausúranse as campañas municipais de fomento do deporte escolar
O sábado 26 de maio celebraranse ás clausuras de diversas campañas municipais de fomento do deporte escolar. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, participará nos actos convocados con este fin nos pavillóns de Santa Isabel e do Restollal.
URBANISMO
A delegación de competencias no perímetro azul permitirá axilizar preto de dous meses a concesión de licenzas neste ámbito
A concelleira de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Cidade Histórica, María Pardo, expresou en rolda de prensa a súa satisfacción por que a Xunta de Galicia teña atendido a súa solicitude de delegación de competencias no perímetro azul do Casco Histórico. Esta asunción municipal de competencias, segundo a edil, permitirá axilizar a concesión de licenzas neste ámbito en torno a dous meses.
MEDIO AMBIENTE E URBANISMO
O Concurso de Balcóns ábrese a todo o termo municipal na súa cuarta edición
As concellarías de Medio Ambiente e de Urbanismo convocan o IV Concurso de Balcóns, que por primeira vez se abre a todo municipio. O prazo de inscrición no certame estará aberto do 29 de maio ao 6 de xuño. O xurado e o público elidirán os mellores balcóns do Casco Histórico, do resto do termo municipal e tamén dos establecementos hostaleiros.
PERSOAL
Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu no salón vermello os traballadores municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia (22 de maio).
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Obradoiros de cine e hip hop para seguir promovendo o uso do galego
O domingo 27 de maio, dende as 11:00 horas, celebrarase na praza do Toural Galego de cine, un obradoiro de cinema e proxeccións para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Un día antes, o sábado 26, a praza Roxa acollerá, ás 11:00 e ás 18.00 horas, o taller Titerehop, neste caso destinado a adolescentes de 13 a 18 anos. Estas actividades, incluída no calendario de accións deseñado pola Concellería de Normalización Lingüística para celebra o Día das Letras Galegas, forma parte do programa.../em>
TURISMO
Lavacolla manterá a súa conexión con Venecia durante a temporada de inverno
A compañía aérea Volotea, vén de anunciar que operará a ruta Santiago-Venecia durante a temporada aeronáutica de inverno, que se estende do domingo 28 de outubro de 2012 ao sábado 30 de marzo de 2013.
CULTURA
Omega Brass Ensemble en concerto dentro do ciclo Música de Cámara
O ciclo Música de Cámara, da Concellería de Cultura, ofrece o sábado 26 un novo concerto a partir das 20:30 horas no Auditorio de Galicia. Nesta ocasión será con Omega Brass Ensemble, un dos proxectos musicais máis interesantes e inquedos dos últimos anos en Galicia. As entradas, a 6 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal ou o mesmo día do concerto na do Auditorio de Galicia dende as 18:00 horas e ata o comezo do concerto.