XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a convocatoria de novas fases de axudas nas ARI de Vista Alegre, Pontepedriña e Cidade Histórica

28/03/2016

A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases reguladoras e convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas ARI de Vista Alegre (Fase 7), Cidade Histórica (Fase 14), e grupos de vivendas Compostela e Cardeal Quiroga Palacios da Pontepedriña (Fase 4). O prazo para solicitar as axudas será dun mes, desde a publicación do acordo no Boletín Oficial da Provincia. En todos os casos, a data límite para rematar e xustificar as obras subvencionables será o 30 de novembro.

Leer más

CONVIVENCIA

A práctica totalidade dos condutores de Compostela utiliza o cinto de seguridade

23/03/2016

A Policía Local, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, vén de realizar unha campaña especial de vixilancia sobre o uso do cinto de seguridade, con especial atención aos sistemas de retención infantil. Entre os días 14 e 20 de marzo, os axentes incrementaron os controis, para concienciar da importancia do uso do cinto, un elemento que reduce á metade o risco de morte en accidentes de tráfico. A xulgar polos resultados, os condutores teñen totalmente asumida a necesidade de empregar o cinto en todas as...

Leer más

CONCENTRACIÓN

Concentración de repulsa polos atentados de Bruxelas e en solidariedade coas vítimas

23/03/2016

A praza do Obradoiro acolleu unha concentración de repulsa aos atentados terroristas acontecidos este martes en Bruxelas (Bélxica). O alcalde, Martiño Noriega, membros da Corporación e traballadores municipais sumáronse, con outros representantes institucionais e cidadáns anónimos, a este minuto de silencio, como mostra de solidariedade coas vítimas e co pobo belga, e de condena de calquera acción terrorista.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese a inscrición para a viaxe a Sanabria do programa "Imos de excursión 2016"

23/03/2016

Dende as 17:00 horas do vindeiro martes, 29 de marzo, estará aberto o prazo de inscrición na segunda das viaxes do programa Imos de excursión 2016. Os interesados poden así reservar praza para unha viaxe a Sanabria (Zamora) prevista para o domingo 10 de abril. A inscrición pode formalizarse presencialmente nos centros socioculturais. Na reserva de prazas, que son limitadas, teñen preferencia os empadroados en Santiago.

Leer más

CONSORCIO

A cidade de Santiago disporá dunha ferramenta informática destinada a mellorar a súa sostibilidade enerxética

23/03/2016

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo FASUDIR, centrado en xerar unha ferramenta web que facilite a toma de decisións de cara a lograr a eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades de Europa. Esta iniciativa púxose en marcha en 2013 e concluirá a finais deste ano. Está integrado por 11 socios de cinco países: España, Italia, Gran Bretaña, Hungría e Alemaña.

Leer más

TURISMO

Últimos días para probar as larpeiradas de "Santiago Paixón Doce"

23/03/2016

A primeira edición de Santiago Paixón Doce remata este domingo 27 de marzo. Neste primeiro ano participan máis de 20 cafeterías e restaurantes da cidade, que inclúen nas súas cartas produtos e preparacións doces tradicionais da Semana Santa, como torrixas, leite fritida, bolos de vento, rosquillas, melindres, rosca, chocolates "de paixón" ou tortas. Estes doces poden tomarse como sobremesa, tras as comidas ou ceas, ou incluso na propia barra dos locais, sen ter que pedir un menú.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Concerto do grupo Oni Wytars este Xoves Santo dentro do ciclo "De lugares e órganos"

23/03/2016

De lugares e órganos, o programa de música e outras paisaxes de Compostela que organiza a Concellaría de Acción Cultural para esta Semana Santa, ofrece na xornada deste Xoves Santo un concerto do grupo Oni Wytars. Baixo o nome de "Venite a laudare! Laudas e cancións devocionais do Medievo e Renacemento", poderemos escoitalos na igrexa da Compañía ou da Universidade a partir das 20:00 horas.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Últimos días para inscribirse nos dous talleres sobre mediación cultural organizados pola Concellaría de Acción Cultural

22/03/2016

A Concellaría de Acción Cultural programou dous talleres baixo o título Pensar a mediación cultural. Que flúa, destinados a persoas pertencentes a entidades e asociacións que desenvolvan proxectos de ámbito local ou pretendan poñer en marcha experiencias de mediación cultural sobre Santiago de Compostela. Celebraranse os días 28, 29 e 31 de marzo e 1 de abril no Local Sociocultural da Caramoniña (travesía Escultor Asorey, 14 – baixo).

Leer más

BENESTAR ANIMAL

O Padroado do Refuxio de Animais acorda estudar un novo modelo para Bando

22/03/2016

O Padroado da Fundación Refuxio de Animais acordou estudar un novo modelo de funcionamento para as instalacións de Bando, e abriu un período máximo de tres meses para achegar propostas ao respecto. Na reunión celebrada na tarde de onte, os integrantes do organismo coincidiron en que o funcionamento do Refuxio é mellorable, e en que o actual modelo de xestión está caduco. Nesta liña, púxose de manifesto a necesidade de procurar novos fondos para o Refuxio, máis alá das achegas dos Concellos.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Concello e Viaqua celebran o Día da Auga

22/03/2016

O Concello de Santiago sumouse hoxe á celebración do Día Mundial da Auga, en colaboración con Viaqua. A concesionaria do servizo da auga instalou unha carpa na praza Roxa, na que se realizou unha cata de distintos tipos de auga. Nela participou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, que sinalou que "a cata deixou constancia da boa calidade da auga da billa en Compostela".

Leer más
Compartir: