EDUCACIÓN

Cociña para os máis pequenos na segunda edición de Kid´s Garden Master Chef

06/04/2015

Regresa unha nova edición do concurso de cociña Kid´s Master Chef, organizado pola escola infantil Kid´s Garden en colaboración co Concello de Santiago, o Real Aeroclub de Santiago, o Grupo Correo Gallego e o Centro Superior de Hostalería de Galicia. Celebrarase o sábado 18 de abril e poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 9 anos.

Leer más

CULTURA

Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña presentan "Rústica"

06/04/2015

Catro persoeiros da música galega, Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña únense nun proxecto común, Rústica, ofrecendo un único concerto en Galicia. Será este martes 7 de abril, ás 20:30 hora, no Teatro Principal, enmarcado no ciclo Sons’15. Trátase dun disco moi especial, editado por Fol Música, resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos.

Leer más

ALCALDÍA

Agustín Hernández destaca "as relacións históricas, culturais, económicas e sociais" entre Santiago de Compostela e Padrón, que "fortalecen a propia proximidade xeográfica"

06/04/2015

Como cada luns de Pascua, celebrouse o Día de Santiago en Padrón. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, encabezou a delegación municipal que se trasladou á vila veciña para celebrar esta xornada, na que –ao igual que sucede co Día de Padrón nas festas do Apóstolo- os dous pobos renovan os seus lazos de irmandade.

Leer más

CONSORCIO

A Casa do Cabido inicia o horario de verán, que se prolongará ata finais de outubro

06/04/2015

O museo da Casa do Cabido, na praza das Praterías, iniciou o 1 de abril o novo horario de verán, que se prolongará ata finais do vindeiro mes de outubro. Durante este período, o museo abrirá as súas portas de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 21:00 horas en horario de tardes (ata agora era de 16:00 a 20:00 horas); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido permanece pechada.

Leer más

TURISMO E DEPORTES

A carreira SantYaGo10K recollerá alimentos para colaborar co Albergue Xoán XXIII

05/04/2015

O sábado 9 de maio celebrarase SantYaGo10K, a primeira carreira nocturna de 10 quilómetros que ten lugar en Santiago. A carreira nace cunha vocación solidaria que quere amosar o espírito social e colaborativo dos afeccionados ao running. Neste momento, cando queda aínda máis dun mes para a carreira, hai xa máis de 250 persoas inscritas.

Leer más

INNOVACIÓN

O Concello asina un convenio con Vodafone para o control da xestión dos residuos

04/04/2015

O Concello de Santiago vén de firmar un convenio coa empresa Vodafone para a realización dunha proba piloto no ámbito da xestión de residuos. Este proxecto está enmarcado na plataforma Vodafone Cidade Conectada, que ofrece ás cidades o desenvolvemento de servizos intelixentes que incrementan a eficiencia, a xestión e a habitabilidade das mesmas. O acordo foi subscrito polo alcalde, Agustín Hernández, e polo director en Galicia de Vodafone, Miguel Fernández Ares.

Leer más

TURISMO

A televisiva Churra Costa conduce o obradoiro "Merco, cociño e como con..." en Compostela Gastronómica

04/04/2015

O obradoiro "Merco, cociño e como con..." abrirá o programa de actividades da nova edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega. O xoves 16 de abril, de 11:30 a 14:00 horas, e xunto á televisiva Churra Costa, os participantes farán un percorrido e comprarán diversos produtos no Mercado de Abastos de Santiago, para despois cociñar e finalmente degustar varias receitas tradicionais da cultura gastronómica galega. Pratos cotiáns, pero cunha historia especial que Churra...

Leer más

CULTURA

Montero e Hernández cantan a Santa Teresa e Beihdja Rahal á música arabo-andalusí no Festival de Músicas Contemplativas

03/04/2015

O Festival de Músicas Contemplativas ofrece na xornada do sábado dúas propostas arredor da figura de Santa Teresa e da música arabo-andalusí. Comezamos ás 19:00 horas na Igrexa de San Fiz de Solovio co programa Vivo sen vivir en min… poesía e música na vida de Santa Teresa, con José Manuel Montero e Juan Ramón Hernández. Xa ás 21:00 horas e na Igrexa da Universidade, Beihdja Rahal, unha sensible artista firmemente comprometida, presenta A Nouba de Arxel… a tradición musical...

Leer más
Compartir: