EDUCACIÓN

Sesión dedicada a educadores a cargo de Federico Delicado dentro da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura

08/04/2015

A Galería Sargadelos acollerá este xoves 9 de abril unha sesión especial para educadores no marco da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura. A actividade estará dirixida polo ilustrador Federico Delicado, gañador do VII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados -convocado polo Departamento de Educación e Kalandraka Editora- coa súa obra Ícaro.

Leer más

CULTURA

A compañía barcelonesa T de Teatre representa en Santiago "Mujeres como yo"

08/04/2015

A compañía barcelonesa T de Teatre chega este xoves a Compostela para presentar o seu último traballo, Mujeres como yo. Será ás 20:30 horas no Teatro Principal e enmarcado dentro da programación do ciclo de Teatro 2015. As entradas teñen un prezo de 18 euros en anticipada e 20 euros o día do evento (16 e 18 no anfiteatro) e poden mercarse tanto no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 h) como en entradas.abanca.com ou no teléfono 902 434...

Leer más

CULTURA

Sr. Chinarro presenta "Perspectiva caballera", o seu novo traballo, no Compostela Rock

08/04/2015

O ciclo Compostela Rock presenta en concerto a Sr. Chinarro, que achega ata Compostela o seu novo traballo, Perspectiva caballera. Será este xoves, ás 21:30 horas, na Sala Capitol. As entradas para o concerto teñen un prezo de 16 euros en anticipada e 18 euros o propio día. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21:00 horas) así como en Ticketea, A Reixa Tenda, Miranda e Sala Capitol.

Leer más

TURISMO

As xornadas #ComposGastroBlog reúnen en Santiago a máis de 100 expertos en Comunicación 2.0 e Gastronomía

08/04/2015

#ComposGastroBlog, as Xornadas de Comunicación 2.0 e Gastronomía de Santiago, reunirán no Hostal dos Reis Católicos a máis de 100 expertos no mundo da gastronomía e a súa difusión a través das redes sociais. #ComposGastroBlog celebra a súa primeira edición este xoves e venres, e servirá de antesala e plataforma de promoción de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que terá lugar entre o 16 e o 21 de abril.

Leer más

RELACIÓNS VECIÑAIS

A Concellería de Relacións Veciñais pon en marcha novas actividades de alfabetización dixital e de alimentación saudable

07/04/2015

O concelleiro de Relacións Veciñais, José Rosende, presentou dous novos programas de actividades dirixidos ás asociacións veciñais de Compostela, que se suman aos que xa veñen funcionando con éxito como Imos ao baile ou Imos coa asociación, que ofrecen actividades que favorecen a convivencia e a relación coa veciñanza.

Leer más

CULTURA

O Retrete de Dorian Gray estrea "In Memoriam" e A Artística presenta a súa triloxía na Zona C neste mes de abril

07/04/2015

A Zona C acollerá neste mes de abril, e dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, a triloxía da compañía A Artística de Vigo e a estrea de In memoriam, de O Retrete de Dorian Gray. Os catro espectáculos foron presentados esta polo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, acompañado de Alfredo Rodríguez, director da triloxía de A Artística, e de Xesús Ron, director de In memoriam, así como dos dous actores deste espectáculo: Ezra Moreno e...

Leer más

ALCALDÍA

Hernández salienta que a nova figura de San Francisco realizada por Lladró conxuga as dimensións artística e social do Santo de Asís

07/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á presentación da nova figura de San Francisco de Asís realizada por Lladró e distribuída por Xoiería Regueira con motivo do oitavo centenario da súa peregrinación a Compostela. O convento de San Francisco acolleu a posta de longo desta peza de porcelana, que ademais ten un obxectivo benéfico, xa que o recadado durante un ano coas vendas desta imaxe será destinado ao Albergue Xoán XXIII e a Cáritas.

Leer más

CONSORCIO

A mezzosoprano irlandesa Paula Murrihy canta esta semana coa Real Filharmonía

07/04/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 9, a orquestra tocará en Santiago, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. E o venres 10 desprazarase á cidade de Ferrol, onde actuará no Teatro Jofre, ás 20:30 horas. En ámbalas citas, nas que se achegará un programa singular con tres obras infrecuentes, levará a batuta o xove mestre valenciano Sergio Alapont.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Cultura promove un ano máis o proxecto de creación escénica "Ad Hoc" no Centro Sociocultural de Santa Marta

07/04/2015

O Centro Sociocultural de Santa Marta será o escenario da segunda edición do proxecto de creación escénica Ad Hoc, que se desenvolverá do 9 ao 11 de abril, coa representación das pezas teatrais presentadas polos grupos de teatro amador que concorreron á edición deste ano. A programación complétase con varias conferencias e mesas redondas sobre a temática elixida nesta ocasión, a violencia obstetricia.

Leer más
Compartir: