CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras na igrexa de Santa María de Marrozos
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de Santa María de Marrozos, situada na parroquia homónima. O organismo acaba de sacar a obra a concurso, por un orzamento global de 67.414,84 euros. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o 28 de novembro.
ALCALDÍA
Fomento presenta un borrador de convenio para o acondicionamento da rotonda de Conxo
O Ministerio de Fomento vén de entregarlle ao Goberno local o borrador dun convenio para o acondicionamento da rotonda de Conxo, que pasa porque o Concello asuma o mantemento da glorieta. Foi na xuntanza que o alcalde mantivo esta mañá en Madrid co secretario xeral de Infraestruturas, José Javier Izquierdo Ronsero.
IGUALDADE
Compostela volve tinguirse de negro este novembro para berrar contra as violencias machistas
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, deu conta esta mañá das actividades e accións organizadas no marco da campaña En negro contra as violencias, deseñada polo Concello de Santiago co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas.
ALCALDÍA
O alcalde participa na comisión de seguimento da estación intermodal
O alcalde, Martiño Noriega, participou esta tarde en Madrid na comisión de seguimento da estación intermodal, presidida pola responsable de ADIF, Isabel Pardo de Vera. Á xuntanza tamén asistiu o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, así como representantes doutras administracións implicadas na infraestrutura, como a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
XUNTA DE GOBERNO
Unha sentenza anula o proxecto de urbanización do SUNP-38 de Formarís, aprobado en 2010
A Xunta de Goberno acordou hoxe declarar anulado o proxecto de urbanización do SUNP-38 de Formarís, aprobado en 2010, en virtude dunha sentenza ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Santiago. Esta é a segunda sentenza xudicial relativa a este solo, no que está prevista a construción da rotonda que enlazará o futuro orbital coa N-550.
TURISMO
Turismo de Santiago participa por primeira vez na Global European Marketplace de Londres
Turismo de Santiago participa este ano por primeira vez na Global European Marketplace de Londres, un prestixioso punto de encontro de profesionais que se celebra este 2 de novembro. Neste evento participan 400 provedores europeos, que foron elixidos baixo a temática "European Lifestyle", e 350 grandes compradores turísticos globais, con gran presenza de compradores asiáticos e estadounidenses.
EMPREGO
Poñentes de primeiro nivel estarán presentes nas xornadas de emprego organizadas no marco de Talentia 2018
Os vindeiros 13 e 14 de novembro o Palacio de Congresos acolle o espazo aberto polo emprego Talentia 2018, ao abeiro do cal se organizan unhas xornadas que levan por nome Oportunidades para o talento e a creación do emprego nas economías locais. A concelleira de Emprego, Marta Lois, deu conta destas xornadas, acompañada polo técnico responsable da área, Xavier Ferreiro.
XUNTA DE GOBERNO
As axudas do "bonotaxi" beneficiarán a 42 persoas
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a resolución da convocatoria das axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con mobilidade reducida ou con dificultades para utilizar o transporte colectivo, coñecidas como "bonotaxi". Un total de 42 persoas beneficiaranse da convocatoria.
CENTROS CÍVICOS E LINGUA
Contos e varias proposta teatrais para a familia na programación cultural desta fin de semana
Os pequenos e pequenas teñen varias alternativas de lecer esta fin de semana da man dos programas Apego e 12 doces do outono, cunha sesión de contos e varias propostas teatrais e de títeres.