MEDIO AMBIENTE
Tallada a árbore do parque de Fonseca que presentaba risco de derrubamento
Esta mañá foi tallada a árbore do parque de Fonseca que corría risco de derrubamento polo seu mal estado, e que obrigou a manter este espazo pechado ao público nas últimas semanas.
ACCIÓN CULTURAL
"La mujer invisible", de Noemí Chantada, gran triunfadora do Curtocircuíto 2017
Dúas películas galegas, La mujer invisible, de Noemí Chantada, con tres galardóns, e Aysha, de Fon Cortizo con dous, protagonizaron o acto de clausura da décimo cuarta edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, que se celebrou na noite deste domingo no Teatro Principal.
ALCALDÍA
O Goberno local retoma os "Ao vivo" cun encontro coa veciñanza do rural leste
O Goberno local retomou hoxe os "Encontros ao vivo", e fíxoo cunha xuntanza no CSC de Marrozos dirixida á veciñanza do rural leste. Este área engloba ás parroquias de Marrozos, O Eixo, Aríns e Angrois. No encontro participou o alcalde, Martiño Noriega, que explicou que estas reunións "teñen como obxectivo que o Executivo renda contas directamente diante da cidadanía, e que os veciños e veciñas lle fagan chegar as súas peticións, máis alá das que se tramitan a...
ACCIÓN CULTURAL
"El pintor de batallas" chega este domingo ao Auditorio
El pintor de batallas é unha novela sobre a vinganza que viu a luz en 2006 da man do escritor e xornalista Arturo Pérez Reverte e baixo o selo Alfaguara. Unha década despois, o texto toma forma teatral baixo a dirección de Antonio Álamo e coas interpretacións de Jordi Rebellón, ben coñecido polo público tras o seu paso por series televisivas como Hospital Central, Cuéntame cómo pasó ou Sin identidad, e Alberto Jiménez, tamén popular grazas ás.../em>/em>
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno avanza na tramitación das obras de Castrón Douro e dos aparcadoiros disuasorios da Sionlla e Conxo
A Xunta de Goberno novos pasos este venres cara o acondicionamento de dous novos aparcadoiros, na Sionlla e na avenida de Ferrol. Tamén se avanzou nos trámites para iniciar a licitación das obras de Patio de Madres e Castrón Douro.
MOCIDADE
En marcha a segunda edición das Aulas de Educación Canina
A concelleira de Mocidade Noa Morales, presentou a segunda edición das Aulas de Educación Canina, que se impartirán durante este último trimestre do ano. Xunto a ela estiveron Iria Pérez e María Sabel, do club"Só lles falta falar", entidade encargada da actividade, xurdida no marco dos orzamentos participativos de Mocidade. A participación é de balde.
ALCALDÍA
O alcalde inaugura o Foro de Cooperación Sino-Europea
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a apertura do Foro sobre a Cooperación Sino-Europea, que organizan o IGADI e a Academia de Ciencias Sociais da China, en colaboración con Casa Asia. No evento vanse analizar as oportunidades que representa para Galicia e para Europa a Ruta da Seda, coa que China pretende construír unha rede comercial e de infraestruturas entre Asia e Europa que supere as antigas vías comerciais.
LINGUA
Teatro, música e moitos títeres na programación de outubro do Apego
Outubro está cheo de actividades para nenos e nenas co programa Apego. O calendario deste mes concede especial protagonismo aos títeres, con varios espectáculos no marco do XXII Festival Internacional de Títeres Galicreques. Pero tamén haberá xogos, música e un obradoiro sobre crianza e bebeteca.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto expediente sancionador á empresa das obras de Vista Alegre polos atrasos na execución
A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar cadanseu expediente sancionador á empresa responsable das obras de Vista Alegre polos atrasos na execución dos traballos correspondentes ás Fases I e II do proxecto. O contratista Eulogio Viñal terá un prazo de 15 días hábiles para presentar as súas alegacións, antes de que se fixen as penalidades correspondentes.
CONSORCIO
A Fundación Torrente Ballester acolle a parte da exposición dos 25 anos do Consorcio de Santiago que se exhibía no Colexio de Fonseca
Baixo o título Consorcio de Santiago, Cultura e Patrimonio. 25 anos do Consorcio na cidade, o organismo inauguraba en xullo unha exposición que repasa a súa traxectoria. A mostra ten dúas sedes, a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e a Fundación Torrente Ballester, que, debido á demanda de público, acolle a parte da mostra que ata agora se exhibía no Colexio de Fonseca. Inaugurarase este xoves, a partir das 19:00 horas, coincidindo coa presentación da Guía ilustrada das igrexas de Santiago de.../em>