EDUCACIÓN E DEPORTES

"Á auga patos" segue un curso máis a fomentar a práctica da natación entre os escolares composteláns

04/10/2007

Os concelleiros de Educación, Guadalupe Rodríguez, e de Deportes, Andrés Fariña, presentaron unha nova edición do programa de natación escolar "Á auga patos", que se desenvolverá dende primeiros de outubro ata o 30 de maio de 2008. A campaña , que leva a cabo a empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos (XADE) porase en práctica inicialmente na piscina de Santa Isabel, e posteriormente na de Sar, unha vez rematen as obras nos seus vestiarios.

Leer más

CULTURA

Santiago Auserón, Mercedes Peón e Jane Birkin na segunda parte do ciclo "Sons da Diversidade"

04/10/2007

Os tres últimos meses do ano traen unha nova entrega de concertos do ciclo Sons da Diversidade. Santiago Auserón e a súa orquestra de jazz, Mercedes Peón e Jane Birkin serán os protagonistas destas actuacións, que de novo poñen de relevo a diversidade de propostas deste ciclo, tal como sinalou o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, na presentación. As entradas xa están á venda.

Leer más

COMERCIO

El Rincón del Aceite faise co primeiro premio da edición de outono do Concurso de Escaparatismo

04/10/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou aos tres premiados na edición de outono do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". En primeiro lugar clasificouse o estabelecemento de alimentación El Rincón del Aceite. En segundo lugar quedou a tenda de chocolates Chocolat Factory. E o terceiro premio foi para a tenda de marroquinería Media Lúa.

Leer más

URBANISMO

Aprobado definitivamente o PXOM de Santiago

04/10/2007

A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, comunicou ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a sinatura da orde de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago (PXOM). O alcalde e a concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, comparecerán o sábado 6, ás 12.00 horas, na Casa do Concello, para informar aos medios de comunicación dos contidos do documento.

Leer más

CULTURA

Comeza unha nova tempada dos concertos didácticos

03/10/2007

O 30 de outubro comeza unha nova tempada de concertos didácticos no Auditorio de Galicia. Ata o 17 de abril, o alumnado de ensino primario e secundario poderá gozar de diversos espectáculos no que a música clásica, de Prokófiev, Stravinski, Bruch, Warlock e Mirlaud convivirá coa tradicional de Mercedes Peón ou Na Virada, ademais de mesturarse con outras disciplinas artísticas, como as artes escénicas. Ademais, este ano, o Teatro Principal tamén será escenario de dous concertos didácticos que...

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Vinte anos da librería Komic

03/10/2007

Hai xa 20 anos que a primeira librería especializada en banda deseñada que houbo en Galicia abriu as súas portas. Trátase da librería Komic, que celebra este aniversario cunha exposición no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche. A mostra estará aberta ata o 13 de outubro.

Leer más

ALCALDÍA

Santiago e Asissi ratifican o texto preliminar do seu irmandamento

03/10/2007

A primeira hora da mañá do mércores 3, a delegación compostelá foi recibida polo alcalde Claudio Ricci na casa do Comune di Assisi. Durante a xuntanza falaron das similitudes entre Santiago e Assisi, dous importantes centros de peregrinación moi vinculados á figura do Apóstolo e á orde franciscana, tal como indican os conventos de San Francisco e Santa Clara (orde franciscana de monxas fundada por unha discípula de San Francisco).

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Petronio Arte acolle unha exposición do artista cubano David Planas

02/10/2007

A galería Petronio Arte, nacida no marco do Proxecto Equal Compostela Social promovido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, acolle do 3 ao 26 de outubro unha exposición do artista cubano David Planas. A inauguración da mostra, titulada El negrito cimarrón regala colores para todos e aberta aos medios de comunicación, terá lugar o mércores, 3 de outubro, ás oito da tarde.

Leer más
Compartir: