ALCALDÍA

O alcalde en funcións considera improrrogable a ocupación do Obradoiro

27/05/2011

"Esta é unha situación que non é prorrogable", indicou o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, en referencia ao campamento de protesta instalado na praza do Obradoiro dende hai nove días. Por este motivo, trasladou un requirimento formal para que se poña fin a esta situación e falará deste tema persoalmente co ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, na xornada do sábado.

Leer más

TURISMO

O concurso Santiago(é)Tapas chega á súa última fin de semana con máis de 1.800 tapas consumidas por día

26/05/2011

Nos primeiros dez días do Santiago(é)Tapas, entre o 13 e o 22 de maio, consumíronse máis de 18.000 tapas nos 60 establecementos participantes nesta cuarta edición do concurso, enmarcada no 800 Aniversario da Consagración da Catedral. Este dato supón que se consumiron algo máis de 1.800 tapas diarias, que é a mellor media de participación diaria das edicións realizadas ata o momento. O concurso remata o domingo 29 coa previsión de que se manteña este ritmo de consumo.

Leer más

CULTURA

Inversa Teatro presenta "A illa das mulleres loucas" no Teatro Principal

26/05/2011

Inversa Teatro, compañía galega de recente creación fundada por Marta Pérez, volve de novo aos escenarios coa peza A illa das mulleres loucas, dirixida por Vanesa Sotelo. Nesta ocasión a cita terá lugar no Teatro Principal o venres 27, ás 21:00 horas, despois de ter pasado xa polas cidades de Vigo, A Coruña e Lugo.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde en funcións márcase como obxectivo inmediato a "transmisión ordenada das responsabilidades de goberno"

25/05/2011

O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu en rolda de prensa para indicar que o seu obxectivo nas vindeiras semanas será propiciar unha "transmisión ordenada das responsabilidades de goberno". Así llo manifestou nunha primeira reunión ao gañador das eleccións municipais do 22 de maio e próximo alcalde, Gerardo Conde Roa.

Leer más

EDUCACIÓN E BENESTAR SOCIAL

O Concello de Santiago colabora nos actos con motivo do Día Nacional do Celíaco

25/05/2011

A Concellería de Educación colabora coa Asociación de Celíacos de Galicia en dar a coñecer esta enfermidade. Así, e con motivo da celebración do Día Nacional do Celíaco o venres 27 de maio, realizouse unha campaña de divulgación nos colexios, co reparto de folletos informativos entre os alumnos de 6º de Primaria dos centros escolares da cidade. O Concello colabora tamén con outras iniciativas, como o concurso Santiago(é)Tapas ou unha campaña nos medios de comunicación.

Leer más
Compartir: