ALCALDÍA

Os expertos en sexoloxía elixen Santiago para celebrar o seu XI Congreso

30/09/2010

Santiago de Compostela acolle desde hoxe e ata o 2 de outubro o XI Congreso Español de Sexoloxía e o V Encontro Iberoamericano de Profesionais da Sexoloxía. Os seus organizadores, como a presidenta da Federación Española de Sociedades de Sexoloxía (FESS), Miren Larrazábal, o presidente do Comité Organizador Local, o doutor Manuel Varela, o presidente do Comité Científico, Miguel Ángel Cueto, e o concelleiro Pedro Zerolo, foron recibidos esta mañá no Pazo de Raxoi polo alcalde compostelán.

Leer más

PLENO

O pleno aproba a conta xeral de 2009

30/09/2010

A concelleira de Facenda explicou a situación con motivo da prórroga orzamentaria, a liquidación do orzamento do 2009, a aprobación do PEF e a aprobación do orzamento para este ano.

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

A folga xeral desenvolveuse sen incidentes graves na cidade

29/09/2010

A Concellería de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá informa que con carácter xeral non se produciron incidentes graves no desenvolvemento da folga durante a madrugada e ata as 12.00 da mañá de hoxe, coa salvedade da queima de contedores do lixo.

Leer más

CULTURA

Completa programación didáctica da Concellaría de Cultura, con música clásica, percusión, ópera e teatro

28/09/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron hoxe o novo programa didáctico da temporada 2010-2011, que inclúe actuacións para nenos e mozos desde outubro a maio, desde música clásica a teatro, pasando pola ópera e a percusión. Segundo a tenente alcalde, trátase dunha oferta de "grande interese para boa parte do profesorado e do alumnado".

Leer más
Compartir: