MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Policía Local, Garda Civil e CNP realizaron durante a pasada semana máis de 500 probas de alcoholemia e drogas, con 12 positivos
Ao longo desta pasada semana, a Policía Local realizou controis preventivos de alcohol e drogas en varios puntos do municipio, algúns en colaboración coa Agrupación de Tráfico da Garda Civil e outros co Corpo Nacional de Policía.
PLENO
O Pleno aproba un orzamento de case 117 millóns de euros para 2020
O Pleno da Corporación aprobou este luns, nunha sesión extraordinaria, o orzamento municipal para 2020, que ascenden a 116.975.595,33 euros, o que supón un incremento do 6,46% respecto a 2019. As contas saíron adiante cos votos favorables do Goberno municipal e a abstención de Compostela Aberta. PP e BNG votaron en contra.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo da Xunta de Goberno Local á nova convocatoria de axudas para as festas patronais
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa sesión ordinaria deste luns, as bases da convocatoria de subvencións ás festas patronais. Tamén se deu o visto bo a dous programas de Educación, o de conciliación desta Semana Santa e o dunha nova edición da Campaña de Animación á Lectura.
EDUCACIÓN
Concerto da Escola Municipal da Música na Aula Hospitalaria do CHUS
Este xoves 5 de marzo celebrarase o primeiro dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste curso no marco de colaboración entre o Departamento de Educación e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico. A sesión será ás 18:00 horas e nela participarán alumnos e alumnas da especialidade de trombón xunto co seu profesor, Víctor Collazo.
TURISMO
Os ingresos por habitación subiron un 11% nos hoteis de Santiago en 2019
O ingreso medio por habitación dispoñible nos hoteis de Santiago medrou un 11% no 2019, segundo os datos feitos públicos por Exceltur, unha asociación sen ánimo de lucro formada polas empresas máis relevantes do sector turístico español. Con este incremento, o ingreso medio por habitación subiu nos hoteis de Santiago ata os 42,2 euros, fronte aos 37,8 euros do 2018.