IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato dunha muller o pasado venres 29 de novembro na localidade de Iznájar (Córdoba), pero cualificado onte polo Goberno como violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
Jamila Purofilin celebra os 500 anos da Habana cun concerto no Teatro Principal
O Teatro Principal acolle mañá xoves, ás 20:30 horas un concerto de Jamila Purofilin, no que a cantante cubana renderá homenaxe á cidade da Habana no seu 500 aniversario. A entrada é libre.
ACCIÓN CULTURAL
O concurso Compostela Lírica busca novos talentos vocais esta fin de semana no Teatro Principal
O Teatro Principal acollerá o sábado 7 (17:00 h) e o domingo 8 de decembro (19:00 h) o II Concurso de Canto Compostela Lírica, organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago e co apoio económico da Fundación José Otero-Carmela Martínez. A entrada a este certame de novos talentos é libre.
MEDIO AMBIENTE
O concelleiro Javier Fernández participa en Niza na reunión do proxecto europeo Tropa Verde, liderado por Santiago
O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, está a participar na reunión do proxecto europeo Tropa Verde, que lidera Santiago de Compostela, e que se desenvolve ata mañá na cidade francesa de Niza. A xuntanza, na que participan os seis socios do proxecto, ten como obxectivo avaliar os avances na súa execución.
FESTAS
Mañá arrinca o Nadal en Compostela co acendido do alumeado e a apertura do Mercado de Nadal e do Belén de San Fiz
Mañá xoves, ás 19:00 horas, acenderase o alumeado de Nadal nun acto que terá lugar na praza do Obradoiro, coa asistencia do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e doutros/as integrantes da Corporación. A continuación, estes/as visitarán o Mercado de Nadal de Carreira do Conde, aberto tamén dende mañá (12:00 horas).