ALCALDÍA
Martiño Noriega reivindica a memoria no 80º aniversario do Golpe de Estado de 1936
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou esta mañá o Congreso Internacional 1936, un novo relato. 80 anos entre historia e memoria, que organiza Histagra en colaboración co Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde coñece as dúas alternativas de deseño da futura estación de autobuses
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, mantiveron hoxe unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas para coñecer o proxecto da futura estación de autobuses, que a Xunta construirá no ámbito da intermodal. A reunión foi convocada polo departamento de Ethel Vázquez, que conta con dúas propostas arquitectónicas diferentes para a infraestrutura.
FESTAS
Nneka anima os asistentes ao concerto desta noite na Quintana a "vivir o momento"
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou o concerto que a cantante nixeriana Nneka ofrecerá este luns no marco das festas do Apóstolo, acompañada pola propia artista, quen animou a composteláns e visitantes a acudir á praza da Quintana "sen expectativas" e dispostos a "vivir o momento" nunha actuación que promete sorpresas. O concerto comezará ás 22:00 horas, con entrada de balde.
ALCALDÍA
O alcalde participou nunha visita ao novo Centro de Saúde de Galeras
O alcalde, Martiño Noriega, participou este mediodía nunha visita ao novo Centro de Saúde de Galeras, co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.
CONSORCIO
O Consorcio presenta unha ferramenta web de apoio na xestión dos barrios para acadar unha maior eficiencia enerxética
O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo FASUDIR, centrado en xerar unha ferramenta web que facilite a toma de decisións de cara a lograr a eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades de Europa. Esta iniciativa púxose en marcha en 2013 e concluirá a finais deste ano. Está integrado por 11 socios de cinco países: España, Italia, Gran Bretaña, Hungría e Alemaña.
FESTAS
As festas do Apóstolo seguen en movemento este martes co programa Artellando
Mañá martes será unha xornada intensa nas festas do Apóstolo, grazas ao programa Artellando. Para as doce do mediodía están previstas dúas actividades: na praza do Cruceiro Vello de Conxo actuará Pistacatro Produtora de Soños, e no Centro Sociocultural de Marrozos estará Fátima Villamel, cos seus contos signados. Xa pola tarde, ás sete no Centro Sociocultural do Castiñeiriño, repetirá Pistacatro.
FESTAS
Variedade de ritmos noutra animada noite musical das festas do Apóstolo
A cantante nixeriana Nneka levou ata a praza da Quintana a súa peculiar mestura de ritmos africanos con outros coma o hip hop, o soul ou o reggae. Pero a variedade de ritmos desta nova noite de festas do Apóstolo non quedou aí, xa que tamén houbo jazz-flamenco e rock.