TURISMO
Santiago promociónase en Fitur
Turismo de Santiago desenvolverá unha ampla axenda de actividades en Fitur, a principal feira turística de España, que se celebrará entre o 30 de xaneiro e o 3 de febreiro en Madrid. Alí presentarase o Proxecto Certo, promocionarase a nova conexión entre Santiago e Estambul e celebraranse reunións con representantes de Renfe e directores de OETs, entre outros.
PERSOAL
En marcha un plan de actuación para reducir os niveis de radon no Pazo de Raxoi
A concelleira de Persoal e Réxime Interior, Amelia González, informou en rolda de prensa sobre a posta en marcha dun plan para reducir as concentracións de gas radon nas dependencias do Pazo de Raxoi. Este programa, baseado fundamentalmente na captación e redireccionamento do gas en determinadas zonas para sacalo do edificio, permitirá avaliar se é o mellor sistema para reducir o gas na totalidade do inmoble.
ALCALDÍA
O alcalde escoitou as demandas da Asociación de Veciños Monte do Gozo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi cos representantes da Asociación de Veciños Monte do Gozo, do barrio de San Lázaro.