FACENDA
A partida da Xunta para o Consorcio de Santiago increméntase en 400.000 euros a raíz dunha emenda da Alcaldía
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, anunciou o incremento en 400.000 da partida prevista inicialmente nos orzamentos da Xunta de Galicia para o Consorcio de Santiago. Este crecemento xorde a raíz dunha emenda presentada pola Alcaldía.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Entroido chega aos centros socioculturais con máis de 100 actividades
A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha Vive o Entroido un amplo programa de actividades para o Entroido, que xa se veñen desenvolvendo dende o 22 de xaneiro e que continuarán ata o 23 de febreiro. Son máis de 100 actividades en toda a rede de centros e locais socioculturais, que este ano, ademais, participarán activamente no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco.
CULTURA
Sons’13 trae a Miguel Poveda ao Auditorio
Miguel Poveda estará en Compostela sábado 2 de febreiro, ás 21:00 horas, para dar un concerto no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Sons’13. Despois de Miguel Poveda e tras o paso de Café Quijano, completarán o cartel de Sons’13 Uxía, Ana Moura, Amancio Prada, Odaiko, Coetus&Eliseo Parra, Pradairo, Pedro Guerra, Budiño, Win Mertens e Malevaje.
PLENO
Paula Prado formalizará a súa renuncia como concelleira no Pleno do xoves 31
O Pleno ordinario da Corporación municipal previsto para o xoves 31, a partir das 17:30 horas, terá entre os asuntos da súa orde do día a renuncia ao cargo da concelleira Paula Prado del Río. Ademais, debateranse diversas modificacións urbanísticas.