XUNTA DE GOBERNO
O Concello incrementará as axudas para a creación de novas empresas
A Xunta de Goberno adxudicou a concesión para a colocación de postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo, e abriu o prego de cláusulas para a contratación da organización da tradicional Festa dos Maiores. Ademais e a propósito da convocatoria de axudas para a creación de novas empresas, anunciouse o incremento destas achegas en 2012.
CULTURA
Todo listo para a IX edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou hai uns días a IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, que se inaugura o mércores 2 de maio e se celebra ata o 11 de maio en diversos lugares da cidade. Nesta edición, ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes, haberá actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas, curtas para cativos e unha ampla oferta musical. Este ano recibíronse 2.645 curtametraxes chegadas de...
CULTURA
Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor presentan "Hai P.O.D." en Falabaratos
O ciclo Falabaratos. Monólogos, contos e outras historias propón un novo espectáculo o martes 1 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Será cos humoristas Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor, que presentan Hai P.O.D.
BENESTAR SOCIAL
Póñense en marcha os talleres "ACTIVA-T"
O mércores 2 de maio inauguraranse no Centro Juan XXIII os obradoiros ACTÍVA-T, coa coordinación e execución do Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS. O taller denominado Elaboración e degustación de pinchos saudables será o punto de partida para outros obradoiros semanais e de temáticas diversas que chegarán nos meses de maio e xuño.
ALCALDÍA
O alcalde inicia unha rolda de reunións protocolarias con diversas autoridades
Transcorridas as dúas primeras semanas dende a súa toma de posesión como alcalde, Ángel Currás inicia unha serie de visitas de carácter protocolario a varias autoridades políticas, eclesiásticas e académicas.