CULTURA
A Fundación Granell estrea un novo espazo
Inaugurouse na Fundación Eugenio Granell un novo espazo: a Sala Lucernario. Trátase dunha nova estancia deseñada interiormente polo arquitecto Marcos Zacarías. A proposta complétase coa colocación da peza Árbol 32, que o artista Xurxo Oro Claro doou especificamente para este espazo.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia queda vinculada á Universidade de Santiago grazas a un convenio co Consorcio
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, asinaron un convenio para a vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia á Universidade. Este acordo vai supoñer un importante impulso aos estudos superiores en materia de práctica orquestral que se desenvolven na Escola, asociada dende o seu inicio á Real Filharmonía de Galicia.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Emigración asinan un convenio para o funcionamento da UAMI
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, asinaron un convenio de colaboración para financiar a Unidade de Atención a Migrantes (UAMI). En virtude do mesmo, o organismo autonómico achega 50.000 euros para a provisión de persoal do devandito centro, sendo a contribución municipal doutros 20.000 euros.
PLENO
O Concello solicita preto dun millón de euros á Xunta para programas sociais
Na sesión ordinaria de xullo do Pleno da Corporación deuse conta dun acordo da Xunta Local sobre a solicitude de subvencións á Xunta de Galicia ao abeiro da Orde de 3 de marzo de 2011, pola que se regulan as bases para a concesión de subvencións.
URBANISMO
O Consello de Administración de Emuvissa aproba a contratación dunha auditoría
O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) aprobou a contratación dunha auditoría externa, que será a encargada de analizar e informar sobre o estado de contas da empresa.
FESTAS
Éxito de participación no Día do Neno
Os máis pequenos disfrutaron de todas as actividades programadas para o Día do Neno, dentro da programación das Festas do Apóstolo. Foi unha intensa tarde de xogos, inchables, animación, teatro e karts.