EDUCACIÓN
Vacacións en paz para os nenos saharauís
O concelleiros Juan de la Fuente e Luís Bello, recibiron os nenos saharauís que están a pasar este verán con familias de acollida compostelás, dentro do programa Vacacións en Paz.
ALCALDÍA
Cincuenta nenos do Campamento Urbano de Santiago coñecen os beneficios das conservas
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, acompañou á conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha visita aos obradoiros da campaña Ponlle as pilas ao teu bocata que se desenvolveron no parque de Belvís, en Santiago de Compostela. A iniciativa, impulsada pola Consellería do Mar en colaboración coas Consellerías de Educación e Sanidade e de Anfaco-Cecopesca, pretende fomentar o consumo de conservas de peixe e moluscos entre entre os máis cativos e transmitirlles a importancia das súas achegas nutritivas.
FESTAS
O alcalde anuncia a incorporación do traxe galego a actos institucionais
As Festas do Apóstolo reservan unha data cada ano ao Día do Enxalzamento do Traxe Galego. Nesta XXXIII edición do evento, a indumentaria tradicional galega volveu ser a protagonista nas rúas e prazas da cidade, con desfiles, concursos e exhibicións.
CULTURA
"Cartografías silenciadas", de Ana Teresa Ortega, nova mostra do Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia inaugura Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, o mércores 27 ás 20:30 horas. Na inauguración participarán o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, a propia Ana Teresa Ortega e Chus Martínez Domínguez, comisaria da exposición para Galicia.