CULTURA

Euloxio Ruibal protagoniza o primeiro dos Roteiros Literarios de Compostela

13/06/2011

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e a Asociación de Escritores en Lingua Galega poñen en marcha unha nova actividade en Compostela que, baixo o título de Roteiros Literarios, consiste nun paseo acompañado dun escritor que fará diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos. O primeiro dos roteiros celebrarase o martes 14 de xuño con Euloxio Ruibal, para continuar o 28 deste mes con Marilar Aleixandre. No mes de agosto haberá dous novos roteiros.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Recoñecemento ás nenas e nenos solidarios

13/06/2011

O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a entrega de diplomas aos nenos e nenas que participaron no pasado Nadal Solidario, proxecto organizado pola Concellería de Participación Cidadá. Asistiu tamén a titular en funcións deste departamento, Guadalupe Rodríguez.

Leer más
Compartir: