CULTURA

A gala internacional "Campo de estrelas" pon punto e final a Compostela Máxica 2011

10/06/2011

A V Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica 2011, organizada pola Concellaría de Cultura, despídese esta fin de semana coa celebración da gran gala "Campo de estrelas", que reunirá os mellores ilusionistas do panorama internacional. O Auditorio de Galicia acollerá o sábado e domingo a partir das 21:00 horas as actuacións dos ilusionistas franceses Norbert Ferré, Erik Lantine&Valerie e Jerome Murat, do catalán Charlie Mag e do galego Mago Vituco.

Leer más
Compartir: