ALCALDÍA

O alcalde en funcións márcase como obxectivo inmediato a "transmisión ordenada das responsabilidades de goberno"

25/05/2011

O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu en rolda de prensa para indicar que o seu obxectivo nas vindeiras semanas será propiciar unha "transmisión ordenada das responsabilidades de goberno". Así llo manifestou nunha primeira reunión ao gañador das eleccións municipais do 22 de maio e próximo alcalde, Gerardo Conde Roa.

Leer más

EDUCACIÓN E BENESTAR SOCIAL

O Concello de Santiago colabora nos actos con motivo do Día Nacional do Celíaco

25/05/2011

A Concellería de Educación colabora coa Asociación de Celíacos de Galicia en dar a coñecer esta enfermidade. Así, e con motivo da celebración do Día Nacional do Celíaco o venres 27 de maio, realizouse unha campaña de divulgación nos colexios, co reparto de folletos informativos entre os alumnos de 6º de Primaria dos centros escolares da cidade. O Concello colabora tamén con outras iniciativas, como o concurso Santiago(é)Tapas ou unha campaña nos medios de comunicación.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese a web de "A memoria da xente", que recompila os documentos desta exposición

25/05/2011

O Departamento de Centros Socioculturais puxo en marcha A memoria da xente, iniciativa que pretendía recompilar a través da memoria dos propios veciños e veciñas a intrahistoria de Compostela de 1900 a 1975. Agora, para completar este proxecto, ábrese a web www.santiagosociocultural.org/amemoriadaxente, na que se poderán ver todos os documentos que estiveron incluídos na exposición, ademais de poder enviar material novo para que sexa incorporado.

Leer más
Compartir: