XUVENTUDE

A Concellaría de Xuventude inaugura unha exposición fotográfica dos mellores momentos do "MúsicaXove’10"

12/05/2011

O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, inaugura na tarde do xoves 12, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a exposción fotográfica do 3º Certame . O acto contará coa presenza do autor das imaxes, o fotógrafo Per Rueda, e dos grupos finalistas do concurso musical, que recibirán unha placa conmemorativa pola súa participación.

Leer más

DEPORTES

A Campamento Urbano "SantiaGO!" amplía datas e incorpora novas actividades

12/05/2011

Tras o éxito da primeira edición, este verán volve a poñerse en marcha o Campamento Urbano SantiaGO!, que combina a aprendizaxe do inglés co deporte. Nesta ocasión o programa amplíase tamén aos primeiros días de agosto. Ademais, haberá novas actividades deportivas e incorpóranse servizos como o de madrugadores ou o de comedor.

Leer más

CULTURA

A curta "Home Cobaia" gaña o Concurso de Escolas Galegas en Curtocircuíto

12/05/2011

As estudantes do Centro de Imaxe e Son de Vigo (EISV), Alejandra Días e Miriam Domínguez, foron as gañadoras do Premio da Competición Escolas Galegas, un concurso que se celebra por vez primeira no marco do programa do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, organizado pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais. Na tarde do mércores proxectáronse as sete curtas a competición e, a última hora, celebrouse a votación, da que saíron gañadoras as autoras da curta Home...

Leer más

CULTURA

Sete concertos e unha aula aberta compoñen a segunda edición de "No Campo de Fóra"

12/05/2011

O Departamento de Centros Socioculturais, en colaboración con aCentral Folque, organiza a segunda edición do programa No Campo de Fóra, ciclo de actividades ao redor da música tradicional. Sete concertos e unha aula aberta completan un programa variado para todos os veciños e veciñas con actuacións únicas e presentacións de proxectos persoais. Serán actuacións de pequeno formato, duns 45 minutos, que se celebrarán en diversos sitios da cidade, sempre en relación cos CSC.

Leer más
Compartir: