URBANISMO E INFRAESTRUTURAS

Un paso inferior segregará o tráfico do futuro centro comercial das Cancelas do que circule pola avenida do Camiño Francés

26/01/2011

Os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, presentaron o novo nó de enlace que se construirá na confluencia da avenida do Camiño Francés coa rúa do Monte dos Postes e coa avenida de Xoán Paulo II. O proxecto contempla un paso inferior polo que pasarán os vehículos que circulen polo Camiño Francés, separando o tráfico desta vía do xerado polo futuro centro comercial das Cancelas.

Leer más

TURISMO

Santiago logra 1.436.527 pernoctacións no 2010, cun crecemento do 21,4% respecto do 2009 e do 9,7% respecto do 2004

26/01/2011

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os datos do INE sobre as pernoctacións na cidade no Ano Santo Compostelán 2010. Xosé Manuel Iglesias dixo que "os datos do INE amosan que Santiago viviu un gran ano no tocante ás pernoctacións. Santiago foi o motor turístico de Galicia, cun crecemento que dobrou o crecemento do país. Ao mesmo tempo, foi o principal destino, acumulando unha de cada 5,7 pernoctacións".

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O barrio das Fontiñas acolle o quinto circuíto de saúde de Santiago de Compostela

26/01/2011

"As Fontiñas xa non é un barrio exclusivamente de xente moza como era hai 20 anos, cando se construíu; agora é un barrio no que habitan veciños e veciñas de todas as idades, e para todas as idades é este novo circuíto de saúde", indicou a concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, na presentación do novo equipamento instalado no Parque Carlomagno.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Concellería de Normalización Lingüística anima os escolares composteláns a participar no obradoiro "Canta música!"

26/01/2011

A Concellaría de Normalización Lingüística colabora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no desenvolvemento dos obradoiros de canto e xogos tradicionais denominados Canta música!, inseridos no programa Bocaberta, que promove o uso da lingua galega entre os máis novos a través de actividades relacionadas con diversas disciplinas. A actividade, dunha hora de duración, terá lugar o vindeiro sábado, 29 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do...

Leer más

CONSORCIO

O estudo de arquitectura Pesquera Ulargui gaña o concurso para a construción do Instituto de Ciencias do Patrimonio

26/01/2011

O estudo de arquitectura Pesquera Ulargui será o encargado de desenvolver o proxecto de construción do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas, que terá a súa sede en Santiago de Compostela, no espazo verde das Brañas de Sar. A súa proposta foi a elixida polo xurado ao remate da segunda fase do concurso, no que se examinaron seis propostas diferentes.

Leer más
Compartir: