CULTURA

O Festival dos Abrazos encherá Compostela coa maxia dos máis diversos espectáculos

06/08/2010

O luns 9 arrincará en Compostela a terceira edición do Festival dos Abrazos, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura. Ata o 29 de agosto, a cidade acollerá máis de 80 actividades, dende pequenas intervencións ata grandes espectáculos, no marco dun programa que xunta as máis diversas propostas culturais galegas e internacionais no eido da música, as artes escénicas, o circo, o audiovisual, as performances e as artes plásticas.

Leer más
Compartir: