ALCALDÍA

A reurbanización da rúa Torreira permitirá crear 32 prazas de estacionamento

02/07/2010

O luns 5 de xullo comezarán as obras de reurbanización da rúa Torreira, financiadas no marco dos FES 2010. Esta actuación, presupostada en 327.962 euros, permitirá darlle unha aparencia urbana ao vieiro, que será de sentido único, creando beirarrúas e 32 prazas de estacionamento. A finalización da obra está prevista para finais de ano.

Leer más

DEPORTES

Ábrese o prazo de solicitude do uso das instalacións deportivas municipais para a temporada 2010/2011

02/07/2010

Co fin de poñer en funcionamento os pavillóns e campos de fútbol municipais, así como as pistas de atletismo do estadio de San Lázaro para a vindeira temporada 2010/2011, as entidades que teñan previsto participar en actividades de carácter periódico nestas instalacións deben presentar a súas solicitudes. A Concellería de Deportes informa que o prazo estará aberto do 5 ao 26 de xullo.

Leer más

TURISMO

Último fin de semana de "Santiago(é)Tapas"

02/07/2010

A terceira edición de Santiago(é)Tapas chega a súa derradeira fin de semana nesta edición especial con motivo do Ano Santo Compostelán, na que se ampliou a duración do concurso de 17 a 24 días e se introduciron múltiples novidades.

Leer más
Compartir: