XUNTA DE GOBERNO

Novas adxudicacións do FES 2010 por máis dun millón de euros

15/06/2010

A Xunta de Goberno adxudicou definitivamente catro contratos máis dos financiados a cargo do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FES 2010), por un importe que supera o millón de euros. Entre outros asuntos, tamén se deu conta da concesión dunha subvención de mais de 300.000 euros para accións formativas destinadas a desempregados.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía ofrece un concerto extraordinario sobre a figura de José Arriola

15/06/2010

Enmarcado nos actos de recuperación da figura do músico José Arriola, a Real Filharmonía de Galicia será protagonista dun concerto extraordinario formado por obras inéditas deste compositor, escritas para piano e orquestra. Deste xeito, a figura de Arriola redescóbrese, non só como un precoz e extraordinario pianista, senón tamén como un dos mellores compositores galegos do século XX.

Leer más

TURISMO

Máis de 7.000 tapas degustadas no primeiro fin de semana de "Santiago(é)Tapas"

15/06/2010

O primeiro fin de semana de Santiago(é)Tapas deixou un balance de 7.000 tapas consumidas entre o venres 11 de xuño, día no que comezou o certame, e o domingo 13 de xuño. Na terceira edición do concurso participan 56 estabelecementos da cidade que ofertan 109 tapas. Nesta ocasión, dada a celebración do Ano Santo Compostelán 2010, amplíase a duración do concurso de tres a catro semanas e inclúense diferentes novidades. A data de remate é o 4 de xullo.

Leer más
Compartir: