BENESTAR SOCIAL

Benestar Social inicia un programa de educación para adultos nos centros socioculturais de Vite e Fontiñas

05/04/2010

A Concellería de Benestar Social inicia o martes 6 de abril, un Programa de Educación para Persoas Adultas. Impartiranse dous cursos de alfabetización, un de alfabetización dixital e un curso de español para estranxeiros. Estas sesións, que se estenderán ata o 24 de xuño, responden a unha necesidade detectada pola Concellería. Proba disto é que as prazas están xa cubertas na súa totalidade.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica e Caixa Galicia ofrecen formación a persoas emprendedoras para elaborar o plan de empresa

05/04/2010

Abriuse o prazo para inscribirse na terceira edición do curso gratuíto Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e pola Obra Social Caixa Galicia. A acción formativa enmárcase no Servizo de Apoio á Empresa que ofrece Promoción Económica, e que ten como obxectivo apoiar á empresa, ao comercio e as persoas emprendedoras do Concello de Santiago.

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago atendeu 7.405 consultas en Semana Santa na súa oficina

05/04/2010

Turismo de Santiago atendeu 7.405 consultas entre o 27 de marzo e o 4 de abril na súa oficina de información, situada na rúa do Vilar. Esta cifra supón un crecemento do 28,31% respecto das 5.309 da Semana Santa do 2009, que se celebrou entre o 4 e 12 de abril, e do 47,96% respecto das 6.756 da Semana Santa do Ano Santo Compostelán do 2004, que tivo lugar entre o 3 e o 11 de abril. O turismo doméstico foi o que tivo un maior peso nas consultas atendidas.

Leer más
Compartir: