EDUCACIÓN

A CiberCaixa de Roxos axuda a conciliar a vida familiar e laboral cun programa educativo e lúdico para os máis novos

24/03/2010

O CEIP de Roxos-Villestro acolle a primeira CiberCaixa. Quedamos ao saír de clase, unha iniciativa de acollida para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que ofrece un contorno educativo non formal en horario extraescolar e en períodos de vacacións. Este proxecto, nacido da colaboración da Concellería de Educación coa Fundación "la Caixa", pretende axudar ás familias a conciliar a vida familiar e laboral.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O programa de viaxes e excursións da Rede de Centros Socioculturais visitará lugares relacionados co Camiño

24/03/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o responsable do programa, Modesto López de Sande, presentaron o programa de viaxes e excursións da Rede de Centros Socioculturais. Por sexto ano apóstase por organizar en rede estas actividades dirixidas a todos os públicos, nas que o ano pasado participaron máis de mil persoas.

Leer más

CULTURA

Curtocircuíto presenta un programa de curtas para colexios

24/03/2010

Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que organiza a Concellaría de Cultura, contará con tres programas de curtametraxes destinadas ao público infantil e xuvenil. O programa para público novo vense realizando dende hai 4 anos cun enorme interese por parte de colexios e institutos composteláns, que aproveitan o festival para que os máis novos tomen contacto co mundo das curtas.

Leer más

EDUCACIÓN

O Premio Compostela de Álbum Ilustrado preséntase na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña

24/03/2010

Kalandraka vai presentar o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado na 47ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, que se celebra na cidade italiana. O acto celebrarase o xoves 24 e asistirán editores, axentes literarios, autores e ilustradores, tradutores e especialistas en literatura infantil e xuvenil de todo o mundo.

Leer más
Compartir: